HomesociedadeSarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O Esmorga Fest mantén o formato das últimas edicións, con concertos de pago na Sala Litmar, o 17 e o 18 a partir das 20.00 horas e 20.30 horas, respectivamente; e actuacións gratuítas para a cativada (Esmorguiña) o día 18, de 13.00 a 18.30 horas, en La Unión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na sala Litmar, onde media hora despois abrirán o programa os galegos Battosai. As actuacións do sábado terán lugar desde as 13:00 horas no escenario Xacobeo situado na Unión, e a partir das 20:30 horas regresarán ao primeiro escenario.

Anabel Lee, Battosai, Beach Avenue, Bum Motion Club, Joe Crepúsculo, Ezezez, La Habitación Roja, Las Dianas, Las Prisas, Mujeres, Oh Hiroshima, ParquesSVR, Sara Zozaya e Viva Belgrado compoñen o cartel, que se completa cos djs Cholas, Javier LG, John Axiom e Pálida.

O festival sarriao chegará así ao seu décimo aniversario, unha década de traxectoria na que se converteu nunha cita imprescindible no calendario musical galega cunha proposta musical que mestura nomes consolidados e novas promesas da escena independente.

O Concello de Sarria, a Vicperesidencia da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia apoian un ano máis o Esmorga Fest. A actividade forma parte dos Concertos do Xacobeo e o delegado territorial, Javier Arias felicitou aos organizadores por “alcanzar a décima edición como un referente consolidado entre os festivais de música alternativa de maior calidade do panorama nacional”.

O Esmorga Fest agradece o apoio de todos os seus patrocinadores. Pola súa banda desde a Vicepresidencia, Efrén Castro referiuse ao Esmorga Fest como un dos principais activos culturais de Sarria, “pola súa proxección en Galiza e no resto do Estado e pola vontade de involucrar á veciñanza na celebración cos concertos na Unión, que abren o festival a un publico moi diverso”.

O recinto do festival en La Unión acollerá tamén unha exposición artística “Cuchillo y espada” e un posto de de complementos cuxas vendas se destinarán a famílias palestina da franxa de Gaza.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...