HomePolíticaO PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte mantiveron nas últimas semanas varias xuntanzas cos veciños da parroquia de Piñeira "xa que as obras realizadas na estrada provincial LU-P-3201 ao seu paso polo municipio non se traduciron en melloras de seguridade neste núcleo de poboación”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento da seguridade, con pasos de peóns ao seu paso polo núcleo da parroquia, nin en sendas peonís para habilitar zonas de tránsito específicas e seguras, sen esquecer a necesaria mellora do paso inferior baixo a vía do tren.

“Dende o Grupo Municipal Popular de Monforte de Lemos consideramos acertadas estas demandas e lamentamos que José Tomé non as tivese en conta na planificacións das obras que se realizaron nesta estrada”, sinalou.

Por este motivo, os concelleiros populares defenderán no vindeiro pleno unha moción para que a corporación municipal acorde esixir á Deputación de Lugo que habilite nesta parroquia sendas peonís ata o núcleo principal de Piñeira, a mellora do paso inferior baixo a vía de ferrocarril e pasos de peóns, se procede algún deles elevado.

Nesta parroquia non hai beirarrúas polo que os peóns teñen que camiñar pola calzada “sendo unha vía moi empregada xa que hai moitos rapaces que van e volven camiñando dun centro educativo próximo”. Tamén hai unha parada do autobús urbano e non hai ningún paso de peóns para cruzar a vía con seguridade, como tampouco hai ningún elemento redutor da velocidade para os vehículos nesta vía “na que moitos condutores circulan a gran velocidade”.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...