HomeCulturaA Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

O xoves 23 de outubro, Andrea Nunes Brións presentará, acompañada por Alba María e Olga Novo, o seu poemario Mapa da estría, lanzado en xuño deste ano coa editorial Chan da Pólvora. O venres 24 ás 18:00h, a rapazada entre 4 e 16 anos pode participar nun escape room na Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de lingua galega. En Mapa da estría, vai máis alá na poesía de autoficción, nutríndose coas experiencias en distintos territorios do mundo, desde a China a Vietnam, India, México ou Italia.

No poemario buscou “mapear as diferentes emocións e as feridas que deixan os lugares, os encontros, as linguas e os afectos vividos nos últimos anos”, en palabras da autora. A presentación será o xoves 23 ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, con entrada libre.

O propio Día da Biblioteca, venres 24 ás 18:00 horas, a rapazada entre 4 e 16 anos pode participar nun escape room na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’. A biblioteca agocha unha serie de misterios que deberán resolver a través da cooperación e o enxeño para conseguir o obxectivo común. Para esta actividade, do programa da Xunta ‘Ler Conta Moito’, é preciso anotarse ata o día 22 na Biblioteca municipal no teléfono 982430546.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...