HomeSucesosFerido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

Un home de 63 anos de idade, R.L.G., resultou ferido este xoves tras sufrir unha caída cando se atopaba na zona da fervenza de Augacaída, no municipio de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co 112 Galicia para alertar de produciuse unha caída dun home desde unha altura duns 3 metros, a unha zona de rocas.

O CIAE 112 Galicia deu aviso a Urxencias Sanitarias 061, á Garda Civil e aos bombeiros de Monforte. Os servizos de Emerxencia lograron rescatar ao ferido, que se atopaba consciente, e trasladalo en embarcación ata o punto en que se atopaba a ambulancia.

Fontes do 061 informaron de que a ambulancia (unha unidade de soporte vital avanzado) trasladou ao home ferido ao Hospital Lucus Augusti de Lugo.

ÚLTIMAS

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...