HomeCulturaDobre sesión de teatro este 30 de outubro na Casa da Cultura...

Dobre sesión de teatro este 30 de outubro na Casa da Cultura e no Edificio Multiusos de Monforte

O teatro regresa este xoves a Monforte por partida dobre con sendas propostas na Casa da Cultura Lois Pereiro, para o público infantil e familiar con "O vixiante dos soños" de Ubú Teatro ás 18:30h. E no Edificio Multiusos, ás 20:15h, Baixo da Area Teatro representará, "Poeta en Nova York".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira cita terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura, ás 18.30 horas, cunha representación teatral de monicreques a cargo da compañía Ubú Teatro. O espectáculo titúlase “O vixilante dos soños” e está destinado a público infantil e familiar.

Esta montaxe é obra de Ana Carreira e está dirixida por José Campanari. O elenco está formado por Marga Portomeñe e Ana Carreira. Conta a historia de Sonólicus, que desde que era pequeno quere chegar á lúa. Con esa idea, busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas amoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa, que Ile medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís.

A segunda cita, ás 20.15 horas, leva o teatro ao Edificio Multiusos. Nesta ocasión a cargo da compañía Baixo da Area Teatro, que representa o espectáculo “Poeta en Nova York”, dirixido a todos os públicos. A obra, que tamén se porá en escena pola mañá para centros educativos de Monforte, está dirixida por Paloma Lugilde e interpretada por Paloma Lugilde, Raquel Velasco e Miguel Torres. A entrada é libre e gratuíta, cun aforo máximo de 100 persoas, xa que a montaxe da obra así o determina.

“Poeta en Nova York” é unha adaptación teatral da recoñecida obra de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, cunha proposta escénica contemporánea, que aborda as temáticas e os conceptos presentes no poemario, desde a experimentación e a honestidade. Cando Lorca chegou a Nova York, esta cidade absorbeuno, mesturándose nel unha aparente felicidade cunha profunda angustia vital derivada das súas circunstancias persoais (desengano amoroso, desencanto intelectual e crise creativa). Da man do poeta, viaxaremos por un Nova York nada alleo aos temas actuais, para facer unha labor de denuncia dende o compromiso social.

A seguinte cita co teatro será o xoves 6 de novembro ás 20.15 h no Edificio Multiusos con “Un deus salvaxe”, de Talía Teatro, representación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

ÚLTIMAS

Unha ‘gran fonte’ transformará o Parque dos Condes de Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar un novo proxecto para a cidade. Trátase...

A fábrica de cemento Oural, Premio Excelencia Química Empresarial de Galicia 2025

Este premio, o maior recoñecemento na comunidade autónoma galega ao sector da Química Empresarial,...

80.300€ no reforzo do firme da avenida de Becerreá, en Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias visitou a localidade para comprobar a marcha...

O IV Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Monforte colle forma

O encontro para traballar no Plan de Igualdade contou coa participación da Tenente de...