HomePolíticaPontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

A portavoz nacional, Ana Pontón, urxiu ao Goberno do PP a rematar e mellorar infraestruturas que son clave para o desenvolvemento económico e social de Sarria, como a do desdobre do corredor Sarria-Nadela, que xa debería estar rematado hai anos, ou a modernización da estación de autobuses, incluíndo tamén máis frecuencias e servizos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito da implantoloxía oral, e na que estivo acompañada do portavoz municipal, Efrén Castro; o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda; a alcaldesa de Samos, María Xesús López, e as deputadas Olalla Rodil e Montserrat Valcárcel. 

En declaracións aos medios, Pontón referiuse á urxencia de que a Xunta remate dunha vez por todas o corredor Sarria-Nadela, unha actuación que o anterior presidente do Executivo, Alberto Núñez Feijóo, comprometera para 2020, pero que continúa sen rematar cinco anos despois.

A líder nacionalista tamén reclamou ao Goberno de Alfonso Rueda a modernización da estación de autobuses de Sarria e mellora das conexións, “Lembro cando tiña que acudir a esa estación para coller o bus para ir a Santiago e creo que, a día de hoxe, está exactamente igual, aínda que pasaron 30 anos”.

Pontón tamén se referiu á residencia de maiores, que nestes momentos depende do Concello de Sarria que, recordou, “está executando unha competencia que non é propia do concello”, senón que corresponde á Administración autonómica. “Non é de recibo que o Goberno actual da Xunta non invista nin un só euro nesa residencia e que nin tan sequera teña prazas concertadas con esta residencia pública, a pesar de que si concerta prazas en residencias privadas”, asegura.

Investigación e innovación 

A portavoz nacional tamén avanzou que o BNG vai presentar distintas emendas aos Orzamentos da Xunta para 2026 co obxectivo de impulsar a investigación e a innovación en Galiza, a comezar por aumentar en 250 millóns de euros os fondos destinados ao Plan Galego de Investigación en 2026 e por incorporar un programa de consolidación da carreira investigadora.

Logo da visita que realizou a Galimplant, empresa referente no ámbito da implantoloxía oral e da que salientou a súa capacidade innovadora e a súa aposta por producir en Galiza “desde o coñecemento, tendo a innovación como elemento clave de desenvolvemento, fronte á falta de impulso e dilixencia por parte dun Goberno do PP incapaz de poñer en marcha políticas de innovación eficientes”. 

Visita Galimplant Sarria / BNG

Neste sentido, recordou que nos últimos cinco anos, no período 2019-2024, o Executivo deixou sen executar 220 millóns de euros do Plan Galego de Investigación, ao que suma agora un “recortazo” de 100 millóns neste plan nos Orzamentos de 2026. “Isto quere dicir que Galiza, que xa está á cola en innovación, non ten o impulso que necesita por parte da Xunta”, sintetizou.

En contraposición aos recortes do Goberno de Alfonso Rueda, a líder nacionalista defendeu as alternativas do BNG para impulsar a I+D+i no País que defenderá a través das emendas ás Contas do próximo ano: incrementar en 250 millóns de euros os recursos destinados ao Plan Galego de Investigación, un programa de consolidación da carreira investigadora para dar estabilidade ao persoal investigador e para atraer talento; e outra emenda para crear unha Rede galega de cooperación entre todos os axentes do sistema investigador galego, tanto empresas, como universidades, como Administración Pública, que permita trazar liñas de traballo conxunto.

“O que non podemos permitir é que Galiza estea á cola en innovación cando nós cremos que neste país hai talento, capacidade e empresas que poden situarnos como precisamente como un país punteiro neste ámbito”, concluíu

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...

Unha ‘gran fonte’ transformará o Parque dos Condes de Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar un novo proxecto para a cidade. Trátase...

A fábrica de cemento Oural, Premio Excelencia Química Empresarial de Galicia 2025

Este premio, o maior recoñecemento na comunidade autónoma galega ao sector da Química Empresarial,...