HomesociedadeO prestixioso xornalista Andrew Neather visitará a D.O. Ribeira Sacra

O prestixioso xornalista Andrew Neather visitará a D.O. Ribeira Sacra

A intención do crítico é coñecer varias adegas e viñedos, así como tamén facer algunhas catas na sede do Consello Regulador en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Andrew Neather foi crítico de viños do Evening Standard de Londres entre 2005 e 2015 e actualmente escribe un blog semanal, colabora regularmente con Tim Atkin MW e tamén con publicacións especializadas como Decanter, Harpers Wine & Spirit, The Drinks Business ou Club Oenologique. Recentemente publicou, xunto a Jane Masters MW, o seu novo libro Rooted in Change: The Stories Behind Sustainable Wine (Enraizada no cambio: As historias do viño sostible), editado pola Academie du Vin Library en Londres.

Dende o Consello Regulador sinalan que “a visita de Andrew Neather supón unha oportunidade de poñer en valor a diversidade e calidade dos viños da Ribeira Sacra ante un dos críticos máis respectados no ámbito internacional. Durante a súa estancia, Neather poderá coñecer de primeira man a tradición vitícola da D.O., as súas adegas e os distintos viñedos, así como conversar cos responsables do Consello Regulador e con profesionais do sector”.

Esta visita destaca o interese que os viños da Ribeira Sacra están a suscitar fóra de España e contribúe a difundir o coñecemento sobre a D.O. entre medios e especialistas internacionais.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...