HomeMedio ambiente e PatrimonioMonforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

A Xunta de Goberno do Concello de Monforte de Lemos aprobou na sesión ordinaria deste luns a adxudicación do contrato para a mellora do Punto Limpo Municipal e a adquisición de contedores á empresa FCC Medio Ambiente SAU por un importe de 41.059,23 euros. A adxudicataria ten un prazo dun mes para a execución do contrato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese ano non se levaron a cabo obras de mellora nin de actualización, polo que hai unha serie de elementos que requiren unha renovación. Ademais, faise necesario ampliar os residuos admitidos na instalación para adecuarse á produción de residuos na actualidade.

Con este fin, o contrato recolle melloras nas portas de acceso, como o pintado, motorización, establecemento dun sistema de control de accesos para usuarios e instalación dunha barreira automática tipo parking diante da caseta de control de acceso, entre outras.

Tamén se substituirán os contedores existentes utilizados para voluminosos de madeira e chatarra, debido ao mal estado que presentan. Os novos terán que ser compatibles para uso con camións de gancho tipo ampiroll, cunha capacidade mínima de 30 m3.

Esta intervención encádrase dentro da axuda concedida ao Concello de Monforte no marco do programa de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...