HomesociedadeXXXVI Festa da Castaña do Courel

XXXVI Festa da Castaña do Courel

Será o 7 e o 8 de novembro en Seoane.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En tempo de magostos, a Festa da Castaña do Courel é xa un referente no sur de Lugo. E non só polo contexto onde se celebra, nun dos lugares de Galicia onde se conservan fermosos soutos e castañas de gran calidade e sona, se non tamén por alcanzar este ano a XXXVI edición e por estar considerada como ‘Festa de Interese Turístico’.

Este ano a programación abrangue 2 días, comezando este venres 7 de novembro, día no que pola mañá tivo lugar un obradoiro de cociña para o alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra a cargo do chef Álex Iglesias. A partir das 21:00 h. o Campo da Feira acollerá unha demostración culinaria, neste caso da man do cociñeiro Martín Mantilla, e a continuación farase unha queimada en compañía da música do grupo tradicional O Recanto de Quiroga.

PROGRAMACIÓN PARA O SÁBADO 8

12:30 h. Comezo da xornada festiva coa música de la agrupación Courelouzara e haberá degustación de balde de castañas e viño para veciños/as e visitantes ao longo de toda a mañá.

13:30 h. Pregón a cargo do cocinero Martín Mantilla, xerente do restaurante Berso de Sober. A continuación, entrega dos trofeos do VI Concurso de Tapas de Castaña do Courel que tivo lugar durante varios días entre finais de outubro e principios de novembro, e no que participaron 7 bares e restaurantes do Concello de Folgoso do Courel.

Martín Mantilla. Foto: Craega.

16:00 h. Actuación do grupo tradicional Mestura de Nete. A continuación, volverase ofrecer unha degustación de viño e castañas ao público asistente.

17:00 h. A Charanga Mil9 animará a tardiña con música.

20:30 h. Degustación de calduda (castaña cocida).

21:00 h. Concerto e fin de festa coa Banda de Balbina.

Festa da Castaña 2016 / Wikipedia

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...