HomesociedadeFin de semana de Magosto, micoloxía e teatro en Pantón

Fin de semana de Magosto, micoloxía e teatro en Pantón

Despois de celebrar o Samaín, o concello anuncia interesantes actividades para esta fin de semana e informa da cancelación do taller de uso de apps móbiles para maiores que estaba programado para os días 10 e 11 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 8 de novembro, o Concello de Pantón celebra no Pavillón Municipal un Magosto popular no que ademais de castañas asadas haberá unha pancetada e música a cargo do dúo Paradaisse para ambientar a festa desde as 18:00 h.

E xa para o domingo, 9 de novembro, o concello convida á participación nunha xornada micolóxica. De 10:00h a 14:00h haberá saída ao campo e a partir das 19:00h no Edificio Sociocultural contarase con exposición de cogomelos e unha conferencia. As actividades estarán guiadas por Enrique Vera, da Sociedade Micolóxica de Madrid, e Ramón Losada Pérez da Sociedade Micolóxica de Sober.

Xa pola tarde, outra oportunidade de gozar do teatro. Nesta ocasión da man do grupo Falcatrueiros que presentan a pez “Clown Oedipus”. Será ás 17:30 h na Casa da Cultura de Ferreira e con entrada gratuíta.

CANCELACIÓN DA ACTIVIDADE ‘EXPERTCLICK‘

Expertclick é o título do taller de uso de apps móbiles para Maiores que tiña programado o Concello de Pantón na Casa da Cultura para os días 10 e 11 de novembro, no edificio Sociocultural e en horario de 17:00 h. a 19:00 h. Ao respecto do mesmo, o Concello vén de anunciar que non se pode realizar e lamenta as molestias desta cancelación que vén de anunciar a empresa encargada de executar o programa.

Expertclick é un programa realizado por Fundacion Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca (AEB), co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...