HomeTerra de LemossanidadeAmbulancias medicalizadas para o sur da provincia, demanda de Esperta Monforte e...

Ambulancias medicalizadas para o sur da provincia, demanda de Esperta Monforte e BNG

O BNG levará a iniciativa ao Parlamento ao ser a área sanitaria de Monforte a única que non conta cunha ambulancia medicalizada. Esperta Monforte leva a demanda ao pleno do día 28 no concello de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Esperta Monforte insta ao equipo de goberno a esixir ao SERGAS unha segunda ambulancia para Monforte e apoian a súa demanda nos feitos que se producían esta semana, cando un home que precisou asistencia en Monforte tardou máis de media hora en ter ambulancia porque a única que hai na cidade se atopaba de servizo en Ourense.

Segundo Esperta Monforte “O déficit de ambulancias lévase denunciado moitas veces, tanto polos traballadores das ambulancias como desde outros colectivos. Non parece de recibo que unha cidade de preto de 20.000 habitantes dispoña só dunha ambulancia do 061 pois cada vez que tén que trasladar a alguén a outro hospital quedamos sen cobertura.”

A moción de Esperta Monforte insta tamén ao equipo de goberno a poñer estes feitos en coñecemento do Conselleiro de Sanidade para que entenda “que se está a poner en risco a vida das persoas”.

Pola súa banda, o BNG demandará no Parlamento Galego, un incremento no número de ambulancias para o sur de Lugo. Segundo Ana Rodil “os concellos do sur da provincia de Lugo contan na actualidade cun servizo de emerxencias sanitarias 061 absolutamente deficiente para atender as necesidades do conxunto da poboación que habita no extenso territorio que comprende”. Segundo o BNG existe unha única ambulancia de garda en cada quenda de traballo en Monforte, outra en Chantada e unha máis en Quiroga, ningunha delas medicalizada. As cousas así, a área sanitaria de Monforte sería a única da provincia de Lugo que non conta cunha ambulancia medicalizada.

O BNG remítese tamén aos feitos acontecidos esta semana, nos que había necesidade do servizo e houbo que recorrer a unha ambulancia e Ourense co retraso correspondente nos tempos de atención.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...