HomesociedadeCurso Básico de Prevención en Riscos Laborais na construcción en Chantada e...

Curso Básico de Prevención en Riscos Laborais na construcción en Chantada e Lemos

A acción é de balde, realizarase os días 11, 18, 25 de novembro e 2 de decembro, e está impulsada pola Fundación contra el Hambre.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co obxectivo de mellorar a empregabilidade nas comarcas de Chantada e Terra de Lemos, a Fundación “Acción contra el Hambre” coordinará unha formación gratuíta e certificada que homologa para poder traballar no sector da construción denominada: Curso Básico en Prevención de Riscos Laborais na Construción (PRL).

A duración será de 60 horas das cales 20 son presenciais e 40 horas son online (polo que se necesita dun computador, móbil ou tableta para a súa execución). Para poder recibir a certificación oficial deberanse completar as dúas partes da formación.

As clases presenciais serán de 5 horas (de 9:05 a 14:00 h.) os martes 11 de novembro: Inicio e presentación do profesorado. Explicación do funcionamento da plataforma; 18 e 25 de novembro: Seguimento: e 2 de decembro: Fin do curso e peche.

O resto das horas (40) serán online en asíncrono (sen limitacións) con titorías e seguimento dos participantes por parte da empresa formadora.

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...