HomePolíticaA DomusVi de Monforte asegura que "as denuncias do BNG non atenden...

A DomusVi de Monforte asegura que “as denuncias do BNG non atenden á realidade do centro”

Ao respecto da situación da DomusVi de Monforte plantexada polo deputado do BNG, Iago Suárez, no Parlamento de Galicia, desde o centro emiten un comunicado no que aseguran que, "Podemos confirmar que non existe tal realidade no noso centro, nin brote, nin queixas rexistradas polas nosas traballadoras".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a DomusVi de Monforte o caso que denunciaba o BNG e recolleu XdL, non se orixinou no centro. Aseguran que, “ao momento do ingreso detéctase por parte de persoal sanitario do centro e é cando inmediatamente actívase o protocolo. Con estas sospeitas de partida e este procedemento de actuación, confirmamos que en ningún momento compartiu habitación con outros residentes e que, por conseguinte, non produciu ningún brote”.

Aseguran desde o centro que non se realizou ningunha Inspección “porque houbo unha recente do pasado mes de setembro”. E conclúen, “Descoñecemos as razóns polas que o deputado estará a realizar estas declaracións que para nada responden á realidade. Poñerémonos en contacto con el para facerlle chegar o noso malestar con este tipo de actuacións que só redundan en problemas para os nosos residentes, as súas familias, traballadores e persoal do centro”.

14 de novembro ás 11:00h concentración diante da DomusVI de Monforte

A CIG insta á Consellaría de Política Social a realizar o labor inspector preceptivo e actuar de inmediato neste centro. A central nacionalista vai dirixir esta demanda urxente á inspección social, e tamén solicitará que se reavalíe o grao de autonomía das persoas usuarias para valorar se o cadro de persoal actual se axusta ás ratios estabelecidas por lei. Contar co número de traballadoras e traballadores adecuados ás necesidades das persoas usuarias é o único xeito de prestar unha atención decente e en condicións hixiénico-sanitarias seguras.

A CIG solicitará da Corporación municipal que poñan en marcha todas as iniciativas que estean na súa man para instar a empresa a cumprir coa normativa en servizos sociais e a Xunta de Galiza a que exerza as súas competencias inspectoras.

Neste contexto convocan unha concentración para o venres, 14 de Novembro, ás 11:00 horas diante da residencia de maiores DomusVI de Monforte de Lemos, e animan á participación tanto do persoal da residencia e das familias usuarias, como ao conxunto da veciñanza “xa que se trata de esixir servizos asistenciais de calidade”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...