HomesociedadeO 13 de novembro preséntase na Pobra do Brollón a "Guía micolóxica...

O 13 de novembro preséntase na Pobra do Brollón a “Guía micolóxica básica da provincia de Lugo”

Este xoves 13 de novembro A Pobra do Brollón acolle, en colaboración con Os Lactouros, a presentación da segunda edición da Guía micolóxica básica da provincia de Lugo, editada pola Sociedade Micolóxica Lucus. Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura 'Olga Novo'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A guía é unha obra divulgativa clara e comprensible, pero con contidos igualmente completos e rigorosos, para quen queira iniciarse no mundo da macromicoloxía en xeral e da lucense en particular.

Inclúense fichas fotográficas con minuciosas descricións de 202 especies, a maioría frecuentes na provincia, e nas observacións das fichas coméntanse ata 384 especies máis.

O libro dá moita importancia aos conceptos básicos que todo afeccionado debe coñecer para avanzar con seguridade no coñecemento do mundo dos fungos; identificación, toxicidade e comestibilidade, así como uns apuntes de lexislación. Abre cun capítulo dedicado ás características climáticas e medioambientais que conforman a riqueza da provincia de Lugo

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...