HomesociedadeAta o 15 de novembro pode visitarse na Compañía de Monforte o...

Ata o 15 de novembro pode visitarse na Compañía de Monforte o roadshow do INCIBE

O roadshow do Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (INCIBE), abriu este martes as súas portas na Explanada da Compañía de Monforte de Lemos para capacitar en materia de seguridade a toda a cidadanía, desde familias e menores, ata o público sénior, ademais de centros educativos, asociacións e empresas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O camión estará aberto ata o sábado 15, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas de martes a venres, e de 11.00 a 15.00 e de 16.00 a 20.00 horas na xornada do sábado. A entrada é gratuíta para todos os públicos. Así mesmo, e en colaboración co Concello de Monforte, programáronse visitas cos diferentes centros educativos da cidade co obxectivo de que os estudantes poidan ampliar os seus coñecementos nesta materia, xa que a ciberseguridade e a confianza dixital son dous dos retos máis importantes aos que se enfronta a sociedade actual.

A través desta iniciativa, INCIBE quere elevar os niveis necesarios de cultura en ciberseguridade que calquera usuario debe posuír para desenvolverse con confianza e seguridade na era dixital. Desde o Concello anímase a toda a cidadanía a visitar esta instalación “debido á importancia que ten ampliar os coñecementos en ciberseguridade para facer fronte aos perigos e as ameazas que hoxe en día afectan á navegación que levamos a cabo en Internet, a través dun ordenador ou dun dispositivo móbil, algo que é esencial, especialmente para os nosos adolescentes e a nosa poboación maior”.

Roadshow

O roadshow, unha vez despregado, é un espazo versátil, multifuncional e completamente accesible, que dispón de dúas grandes zonas, unha área interior e unha exterior, con diversas actividades de concienciación, formación e lúdicas, para que todos os participantes poidan divertirse á vez que aprenden a navegar de forma segura pola Rede.

En concreto, o espazo interior, capaz de acoller a 30 persoas, contará cunha área de gamificación para xogos en liña; zona expositiva de charlas e contidos didácticos; e un escape room, onde superar riscos dixitais e desenvolver accións para evitar e xestionar ameazas.

Á súa vez, no espazo exterior, con capacidade para 36 persoas, habilitarase unha zona de xogos e unha cabina para poder contactar co 017, o servizo  ‘Tu Ayuda en Ciberseguridad’  de INCIBE. Este formato permite manter a equidade no acceso á información e a capacitación a calquera nicho de poboación, achegando os contidos, medios e recursos a calquera colectivo, en calquera localización, en igualdade de condicións.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...