HomesociedadeComezan en Monforte as obras de ampliación da rúa Roberto Martínez Andrade...

Comezan en Monforte as obras de ampliación da rúa Roberto Martínez Andrade cara a rúa Santiago

Os traballos, adxudicados á empresa Extraco por un importe de 132.190 euros, comezaron esta semana co valado da zona de intervención e movemento de terras. O prazo de execución é de dous meses, polo que a actuación estaría rematada en xaneiro de 2026.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A prolongación prevista terá unha lonxitude total de 57 metros, cun ancho medio de 12,14 metros e unha superficie de 692 m2. A urbanización do novo tramo suporá a creación de dúas beirarrúas peonís en ambos os lados da rúa, de entre 1,20 e 1,50 metros de anchura, aproximadamente, e unha calzada central, de entre 6,90 e 9,30 metros de anch0, na que se situarán 2 carrís, un para cada sentido de circulación, e unha zona de aparcamento en liña nun dos lados, incluíndo o tramo de rúa xa existente.

Así mesmo, procederase a dotar de servizos a todo este tramo de rúa (saneamento, pluviais, abastecemento, iluminación pública, rede de baixa tensión e telecomunicacións). Por iso procederase, en primeiro lugar, á demolición dos peches das parcelas na zona afectada, así como dunha pequena construción agrícola existente nunha delas.

Unha vez terminadas as redes de servizos, procederase á colocación do bordo de formigón, con rigola do mesmo material, en ambos lados da calzada. Seguidamente, colocarase a soleira de formigón, de 15 cm, para a posterior colocación das baldosas, tamén de formigón, nas beirarrúas. Por último, o firme de aglomerado asfáltico, en dúas capas de 5 cm a primeira e de 4 cm a última, de rodadura.

A actuación rematará co pintado das marcas viarias correspondentes, incluíndo o tramo da rúa existente. Tamén se colocará un sinal de STOP na intersección coa rúa Santiago, para os vehículos que circulan por esa rúa procedentes da rúa Chantada. Por último, procederase á construción dos peches das parcelas afectadas, así como á colocación das portas de acceso a cada unha delas.

O alcalde, José Tomé, destaca que a ampliación deste vial forma parte do programa de mellora das infraestruturas da cidade: “É un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas desde 2015, que supón seguir mellorando a trama viaria urbana de Monforte”. Despois de moitos anos, engade o rexedor, “este Equipo de Goberno consegue eliminar outro tapón urbanístico rematando a urbanización da rúa Roberto Martínez Andrade, igual que fixemos en Rof Codina”.

ÚLTIMAS

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...