HomeEconomíaOs orzamentos de Monforte para o 2026 "superan os 18M€ e poñen...

Os orzamentos de Monforte para o 2026 “superan os 18M€ e poñen o foco nas persoas”

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, presentou este luns o proxecto dos Orzamentos Municipais para 2026, destacando que, "por undécimo ano consecutivo cumpimos co compromiso que adquirín cos monfortinos e monfortinas no ano 2015, cando cheguei a Alcaldía. Ningún Goberno anterior no Concello de Monforte mantivera conxelados os impostos e as taxas durante un período tan longo: 11 anos".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No repaso das cifras económicas, José Tomé detallou que “a previsión de ingresos e de gastos do orzamento para o ano 2026 é de 18.424.200€, case 18,5 millóns de euros, o que supón un incremento con respecto a 2025 de 621.406€, é dicir, do 3,49%”.

Destes ingresos, 5.588.254€ corresponden á participación nos Tributos do Estado, e 749.646€ proceden dos Fondos de Cooperación cos Concellos da Xunta de Galicia. Neste caso, Tomé apuntou que “é evidente que o Goberno da Xunta, outro ano máis, non ten intención de axudar aos Concellos”.

Na previsión de ingresos, o rexedor destacou o caso do IBI, que se reduce en 140.000€ con respecto ao ano 2025, cun ingreso previsto de 4.150.000€. A partida correspondente á taxa de lixo, sube 86.837 euros, pasando de 1.700.000€ en 2025 a 1.786.837€ en 2026, un 5,1% máis, “debido ao incremento do canon de Sogama, que xa diferenciamos no recibo, igual que ocorre co recibo da auga, no que por un lado figura o consumo e por outro o canon”, explicou o Alcalde. Anunciou unha previsión de ingresos de 304.000€ coa reapertura da Piscina Municipal e que non está previsto solicitar ningún préstamo durante o exercicio.

O capítulo 1, correspondente aos gastos de persoal, ascende a 5.972.140€, 210.836€ por riba da anterior, o que supón un aumento do 3,65% respecto ao orzamento de 2025. O rexedor indicou na presentación das contas que “esta subida corresponde ao previsible incremento salarial que se estableza para o conxunto do Estado”.

Así mesmo, detallou que nesta subida “tamén queda reflexada a cobertura de novos postos, tendo especial relevancia o incremento de 2 prazas na plantilla da Policía Local, que pasa de 18 a 20 membros, 1 axente por cada 1.000 habitantes”, destacou. Créase tamén 1 praza de Educadora Social para Servizos Sociais e 1 praza de Arquitecto para o Servizo de Urbanismo.

No capítulo 2, correspondente ao gasto corrente, a partida total é de 10.127.264€, fronte os 9.415.157€ de 2025, polo que increméntase en 712.107€, o que representa un aumento porcentual do 7,56%. “Isto é debido principalmente á aportación de 65.500 euros de gasto para o SAF, e ao incremento do lixo, dado que sube o IPC, tal e como ven establecido no contrato, nun 2,40%”, indicou o Alcalde. Neste punto detallou que aumenta tamén o gasto no Punto Limpo, que terá un incremento de 34.411€, pasando de 60.000€ a 94.411€ en 2026.

No capítulo 4, relativo a subvencións e transferencias, a partida total é de 1.228.924€, fronte aos 1.202.857€ de 2025, polo que aumenta en 26.066€, o que significa unha suba do 2,17%, debido a incrementos en subvencións en deportes e subvencións nominativas a entidades. O importe destinado a inversións para o ano 2026 ascende a 1.021.923€.

Neste senso, destacou que o orzamento sustentase en “dous piares fundamentais”, que son os servizos sociais e as inversións. “Queda claro que son, efectivamente, sociais, porque o noso obxectivo son as persoas, e que todos os veciños e veciñas que o necesiten, teñan a seguridade de que o Concello vainos apoiar”, dixo.

Servizos Sociais e inversións

A atención ás persoas é un dos piares fundamentais do orzamento para 2026, segundo destacou o alcalde. No gasto social destaca a partida de 2.008.000€ destinada a Servizo de Axuda no Fogar, fronte aos 1.942.500€ de 2025, 65.500€ máis, o que supón un incremento do 3,37%. Mantense a partida de emerxencias sociais en 75.000€ en 2026, e crece de xeito destacado a aportación ao programa Xantar na Casa, que contará con 64.855€ en 2026, fronte aos 44.000€ de 2025.

Aumenta tamén a partida do Programa Activa, que no 2026 aumentará ata as 600 prazas. “Xunto ao Plan Activa, incrementamos a partida correspondente ás actividades do Campamento Deportivo de Verán, xa que neste caso priorizamos a conciliación de pais e nais durante o período estival. Ademais estamos atendendo a nenos e nenas con necesidades especiais, e queremos seguilo facendo”. A partida aumenta en 21.000€, pasando de 80.000€ en 2025 a 101.000€ en 2026, un 26% máis.

O orzamento do CIM pasa de 20.000€ a 30.000€, un 50% máis. No apartado das axudas á adquisición de libros de texto, a partida aumenta ata os 35.000€, 5.000€ máis que en 2025, o que supón un 17% de incremento. As axudas destinadas ao transporte para estudantes universitarios e de ciclos formativos ascende a 25.000€, 10.000€ máis (+66%) que no exercicio anterior, para cubrir os gastos das viaxes dos estudantes monfortinos fora da nosa cidade.

No referido ao transporte escolar no municipio, mantense a partida de 25.000€, por ser o que figura no contrato. Así mesmo, mantense a gratuidade do Bus Urbano, que custa 76.975€ e que utilizan más de 65.000 usuarios ao ano. No 2026 estará en funcionamento o Bus Rural, cun custe de 67.074€”.

No caso da Gardería municipal, o importe destinado a este servizo no orzamento de 2026 ascende a 154.540€, fronte aos 145.952€ en 2025, dándose un incremento de 8.588€, un 5,88% máis. Deste xeito, o Concello sufraga arredor do 95% dos custes da Gardería. Mantense a partida de 12.000€ para o Conservatorio municipal e a Escola de Música; 15.000€ para as asociacións culturais, e 12.000€ para as entidades sociais.

Para o conxunto das actividades culturais durante o ano 2026, aumenta a partida en 40.000€, pasando de 100.000€ a 140.000€, un 40% máis.

Para inversións, o Executivo de José Tomé destina en 2026 1.021.923€, nos que están incluídas partidas como a aportación de 289.137€ para a nova EDAR do Polígono Industrial do Reboredo; 67.000€ para a Ronda Urbana e 50.000 para a Senda Peonil.

O Alcalde puxo en valor a contía de 30.000€ destinada á creación neta de emprego por parte das empresas e autónomos, unida “as importantes bonificacións incorporadas no ICIO, IBI e IAE para a creación de emprego”, enfatizou, “o cal demostra o noso compromiso co emprego, e por iso temos a cualificación de Concello Emprendedor”.

O Orzamento 2026 aumenta tamén a partida dirixida ao fomento do deporte no referente a actividades e axudas a clubs, deportistas individuais, participación en campionatos de España, europeos ou mundiais. O rexedor avanzou tamén o incremento das aportacións para eventos festivos como a Feira Medieval, o Festival do Viño, e as Festas Patronais,

ÚLTIMAS

Claudio, da cadea Gadisa, desembarca en Quiroga

O establecemento franquiciado, do grupo GADISA, ten unha sala de vendas de 400 m2,...

A estrada provincial que dá acceso ao lugar de Quinteliña, en Chantada, para a ser municipal

O presidente da Deputación destacou que con este acordo se dá resposta a unha...

A DGT estrea no Multiusos a aula informatizada para a realización dos exames teóricos de conducir

A instalación atópase no Edificio Multiusos e está equipada con 20 ordenadores de pantalla...

O PP pide no Senado rehabilitar os inmobles baleiros de Adif na provincia para ofrecer vivenda

Os senadores do PP pola provincia de Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro...