HomePolíticaO BNG de Pantón pon en cuestión que A Barca sexa de...

O BNG de Pantón pon en cuestión que A Barca sexa de Sober

O BNG de Pantón informa de que esta semana o Concello celebrou pleno urxente cun único punto na orde do día, rescindir o convenio que propoñía a construción dunha ponte peonil na desembocadura do río Cabe no Sil. Un proxecto de 1.350.000 €.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os nacionalistas manifestaran xa no seu día, que de contruírse unha ponte, sería importante que aceptade tráfico rodado, “co incendio de setembro evidenciouse máis esta necesidade, xa que de ter existido, as carrocetas, ambulancias e demais servizos de emerxencia poderían moverse con rapidez”, aseguran desde o BNG.

Aproveitaron os nacionalistas para facer constar en acta que o lugar da Barca é do municipio de Pantón, “sempre e cando non se acredite documentalmente o contrario”, algo que poñen en dúbida xa que “o único que existe é un acordo de servizos”. Baséanse os pantoneses na inexistencia do Acordo do Consello da Xunta, e na falta do acordo Plenario de Pantón cedendo a Sober esa parte do territorio municipal.

“O que está claro é que se historicamente era noso, e non existe o expediente de alteración dos límites municipais, nin os acordos citados, non pode ser de Sober, son eles quen deberán acreditalo documentalmente. Defendemos a división histórica e os límites municipais de Pantón e reclamamos que de facerse a ponte teña tráfico rodado”, conclúe a
portavoz municipal do BNG, Rosa Ana Prieto Florines.

ÚLTIMAS

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...