HomesociedadeDúas instalacións da Ribeira Sacra, premio de fin de grao da Escola...

Dúas instalacións da Ribeira Sacra, premio de fin de grao da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña

O Consello Galego da Arquitectura Técnica concedeu un ano máis os Premios Galicia 2024-2025 aos mellores Traballos Fin de Grao (TFG) da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña (EUATAC) da Universidade da Coruña (UDC).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os mellores proxectos defendidos e superados polo alumnado recaeron na súa totalidade en traballos de rehabilitación de espazos arquitectónicos. Os Premios Galicia 2024-2025 tratan de poñer en valor cada ano a relevancia estratéxica da titulación de Arquitectura Técnica nos procesos de restauración de contornas arquitectónicas.

O Primeiro Premio recaeu en Alejandro López Álvarez polo seu traballo Rehabilitación do conxunto de catro vivendas para uso turístico de San Fiz, no Concello de Parada de Sil, Ourense. Este municipio está situado no corazón da Ribeira Sacra. O proxecto arquitectónico de Alejandro López Álvarez, supervisado polo profesor Rubén Fernández Prado, consiste na rehabilitación do conxunto de catro casas rurais nunha pequena aldea en ruínas de San Fiz, situada no canón do Sil. A intervención pretende rehabilitar as vivendas para uso turístico rural respectando a orixinalidade das vivendas e o seu valor etnográfico, mellorando a súa eficiencia enerxética e reforzando a súa estabilidade estrutural.

O Segundo Premio foi para Pablo Feijóo González polo seu traballo Rehabilitación da antiga adega da Casa da Fonte en Pantón. A Casa da Fonte é unha construción solariega restaurada en 2015 que durante décadas albergou labores agrícolas. Hoxe dedícase ao turismo rural. Esta contorna arquitectónica conta cunha relevante construción en pedra que desempeñou as funcións de adega. Este edificio, con escudo de 1756 na impoñente porta principal, ten planta rectangular e dúas alturas. Os seus muros son de granito mampuesto. O traballo premiado acomete unha restauración neste edificio, respectando materiais e contorna. O alumno Pablo Feijóo González tamén foi merecedor do Mellor Expediente Académico da EUATAC no curso 2024-2025.

O xurado dos Premios Galicia 2023-2024 concedeu, así mesmo, dous accésits, que recaeron en proxectos situados en dous concellos da Costa da Morte: Vimianzo e Coristanco. O xurado destacou a calidade dos traballos e o seu compromiso coa rehabilitación e restauración do patrimonio etnográfico da Galicia rural. Os catro proxectos está situados en zonas afastadas das contornas urbanas.

Galardóns Premio Galicia 2024-2025 aos TFG da EUAT da UDC

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...