HomeDeportesSete atletas da Gándara de Monforte competirán no Campionato de España de...

Sete atletas da Gándara de Monforte competirán no Campionato de España de Cross en Atapuerca

A Gándara de Monforte fai historia ao clasificarse para Campionato de España de Cross en Atapuerca que se celebra este 23 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo, 23 de novembro, o Centro Arqueolóxico Experimental de Atapuerca acollerá o Campionato de España de Campo a través por Clubs, un evento que une o considerado mellor cross do mundo co nacional máis multitudinario.

Na categoría sub16 feminina, o Club A Gándara presentará un equipo histórico formado por Sabela Nieves, Sara Pérez, Alba Lois, Alexia Sánchez e Claudia Carballal. As cinco atletas, que acadaron a primeira posición no Campionato Galego Escolar o pasado xaneiro, converteranse no primeiro equipo da historia da Gándara en clasificarse para un Campionato de España por equipos.

Desde o club destacan “o enorme esforzo e compromiso das nosas deportistas, que xa demostraron estar entre as mellores de Galicia. Estamos convencidos de que farán unha gran carreira o domingo ás 9:15 horas”.

Ademais, a expedición galega contará con:

  • Ismael Rodríguez Nieves, atleta de Escairón, que competirá ás 9:35 h co equipo sub16 masculino da Atlética Lucense, club filial da Gándara.
  • Iker Fernández, que participará a nivel individual na categoría sub20 ás 11:30 h.

Todas as probas poderán seguirse en directo a través de A8 (Castela e León TV) e en streaming na plataforma LaLigaSports TV. As dúas carreiras absolutas, conxuntas ao Cros Internacional de Atapuerca, serán emitidas tamén por Teledeporte

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...