HomesociedadeA actriz, María Vázquez, recibirá o XXIII Premio Facer País o 29...

A actriz, María Vázquez, recibirá o XXIII Premio Facer País o 29 de novembro en Láncara

A actriz María Vázquez, veciña de Chantada e con raíces en Carballedo, recibirá o galardón o 29 de novembro en Láncara, como recoñecemento ao compromiso coa lingua e coa cultura implícito na súa traxectoria interpretativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presidenta da asociación promotora do premio, asociación Val do Láncara, Marta Horbán, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o deputado de Promoción Económica e Social e alcalde en funcións de Láncara, Pablo Rivera, animan a participar da xornada, que converterá Láncara en centro de atención da cultura do país.

A xornada comezará coa recepción da premiada na Casa do Concello de Láncara, na Pobra de San Xiao ás 12.00 horas. Continuará en Carracedo, cunha intervención do mantedor do acto Xurxo Rodríguez e a actuación do grupo tradicional AC Val do Láncara na Ponte de Carracedo, ás 13.00 horas, camiño da antiga casa consistorial, onde, ás 13.30 horas, María Vázquez recibirá o premio de man de Iolanda Díaz Gallego, premiada na última edición.Tras a tradicional ofrenda floral a Ramón Piñeiro, celebrarase unha comida para a que cómpre reserva previa (691 17 56 50)

Marta Horbán destacou que “María Vázquez fai país porque nos representa coa súa fala e co seu apoio á cultura galega, implícito no súa faceta interpretativa”, en liña cos méritos recoñecidos polo xurado do Premio, formado por unha decena de asociacións culturais do Val do Láncara e da contorna.

Pablo Rivera salientou o acerto da elección da gañadora e puxo de relevo a figura do escritor e filósofo lancarés Ramón Piñeiro “un persoeiro ilustre da nosa cultura e da nosa lingua. Este premio rende unha sentida e merecida homenaxe a unha persoa que naceu en Láncara, moi pretiño da antiga casa consistorial, cunha traxectoria impecable da nosa cultura”

Efrén Castro parabenizou a “Asociación Cultural Val do Láncara por dar continuidade a este Premio, valorado en todo o país” e valorou que “a elección das premiadas -Luz Fandiño, Sés, Iolanda Vázquez e agora María Vázquez – reflicta que o país se fai en clave feminina”.

ÚLTIMAS

60.000€ e un mes de prazo de execución para a renovación dos paseos do Parque Doutor López Suárez en Monforte

O Parque Doctor López Suárez está situado na rúa do mesmo nome, no entorno...

Ao rematar as melloras da N-540 en Calde seguirase no tramo entre Chantada e Carballedo

Olimpia López supervisa en Calde as actuacións na N-540 dentro do plan de mellora...

O 7 de marzo comeza na Ribeira Sacra o XVIII Estase Cocendo

Como viña sendo habitual, o público poderá degustar o cocido do Estase Cocendo en...

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...