Homesociedade"Quiroga, terra de acollida", este 26 de novembro no Faladoiro

“Quiroga, terra de acollida”, este 26 de novembro no Faladoiro

“Quiroga, terra de acollida” é o tema do Faladoiro que se desenvolverá no Centro Social de Quiroga este mércores día 26, ás 18:00h. Laura e Jeyco de 'Terriña Salvaxe' serán os protagonistas desta  actividade que promove o Concello de Quiroga dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá coa finalidade de buscar un espazo de socialización e de coñecemento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Terriña Salvaxe é o proxecto desta parella valenciana, que decidiu apostar pola vida no rural galego. Tras sufrir un incendio que lles marcou profundamente, algo dentro deles díxolles que tiñan que volver. E así o fixeron, con máis forza, ilusión e compromiso ca nunca. En Quiroga deron forma a un espazo onde conviven a tradición e a creatividade, ofrecendo sabores con alma e un recuncho cheo de vida compartida.

Laura e Jeyco chegaron por primeira vez á aldea de Outeiro en outubro de 2023. Alí colleron un local que funcionaba como cantina e aloxamento rural e bautizárono como ‘Terriña Salvaxe’. O 26 de setembro de 2024 un incendio destruíu o local e dúas casas colindantes máis. Volveron a Valencia a coller distancia co sucedido e intentarestr recuperarse desta importante perda, pero as súas ganas de volver rexurdiron.

Tendo claras estas intencións buscaron locais en Quiroga ata que deron cun en San Xulián de Abaixo, o antigo restaurante Escaleira. A volta fíxose efectiva en febreiro deste 2025 e dende abril o ‘Terriña Salvaxe’ emprende unha 2ª vida.

No faladoiro deste mércores “coñeceremos esta historia de rexurdimento e comprobaremos por que estes rapaces escolleron Quiroga como ‘Terra de acollida’ para o seu proxecto hostaleiro”, explica o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández, que modera estos faladoiros. Espazos de socialización, coñecemento e participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...