HomesociedadeDo 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

A partir deste venres 28 de novembro ata o 5 de decembro, poderanse degustar as propostas do XVI Concurso de Tapas da Guimaralia e entrar nun sorteo votando pola tapa favorita. O remate do Concurso de Tapas dá paso aos Cantos de Taberna que se celebran o sábado 6 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O Pirata na Pobra do Brollón e mais A Salanova en Salcedo. 

Os pinchos foron catados previamente polos cociñeiros profesionais Diego Martínez e Martín Mantilla. Esta cata está dirixida a garantir os estándares de calidade das tapas e asegurar o cumprimento das condicións.

Como en edicións anteriores, a elección do primeiro, segundo e terceiro premio será por votación popular. Cada votante debe marcar a súa tapa favorita nunha tarxeta de voto debidamente selada por todos os bares participantes, entrando así nun sorteo dun circuíto termal para dúas persoas no Hotel Balneario Iberik Augas Santas de Ferreira de Pantón.

As tapas do concurso teñen un prezo único de 1,50€. Pódense probar en horario de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas.

O Concurso de Tapas terá lugar dende o 28 de novembro ata o 5 de decembro, dando paso aos XIII Cantos de Taberna que terán lugar a partir das 18:00 horas do sábado 6 de decembro.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...