HomeMedio ambiente e PatrimonioO Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

O Concello de Chantada mellora o Punto Limpo do municipio ampliando a capacidade e servizos a través de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resilencia financiado pola Unión Europea-Next Generation UE.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos contedores de grandes volumes de 30m3 e 15m3, aumentouse a seguridade mediante iluminación e estableceuse unha zona cuberta de 12×3 onde se localiza un espazo de reciclaxe circular con aparatos e outro tipo de material, que pode ser recuperado e/ou reutlizado por outras persoas.

Tal e como asegura o rexedor local, Manuel Lorenzo Varela, hai cousas que chegan ao punto limpo que están en bo estado, “os elementos que estean en boas condicións colocaranse nesta caseta para a xente que queira darlle unha nova vida. Lámpadas, libros, móbiles, cadeiras, aparellos electrónicos,…entregraranse e recolleranse aquí de modo gratuíto e seguindo un rexistro de quen o entrega e quen o leva”.

Coa liña 3 da subvención para puntos limpos móbiles e cun investimento de 48.400€, o Concello de Chantada adquiriu un vehículo eléctrico para o departamento de medio ambiente. Trátase dun vehículo para o transporte dos puntos limpos que se desprazan polas parroquias cada quincena para recoller enseres. Este novo servizo amplía e mellora a recollida de residuos nas aldeas e nos dous puntos de proximidade da vila.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...