HomeSucesosArias felicita ao cociñeiro Rafa Centeno e ao equipo do restaurante Vértigo...

Arias felicita ao cociñeiro Rafa Centeno e ao equipo do restaurante Vértigo por lograr a primeira Estrela Michelín da provincia

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, trasladoulle este venres o recoñecemento da Xunta a Rafa Centeno e a todo o equipo do restaurante Vértigo de Sober, que acaba de recibir a primeira estrela Michelín da provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Arias visitou o establecemento acompañado do alcalde de Sober, Luis Fernández, para felicitar ao chef lucense tras lograr o prestixioso distintivo para este local, que puxo en marcha hai algo máis dun ano nas instalacións da adega Regina Viarum.

O delegado subliñou a oportunidade de promoción que supón para a provincia entrar a formar parte da ruta de restaurantes con máis renome do mundo. Valorou de maneira especial “que este primeiro paso se dea dende o corazón da Ribeira Sacra e cun proxecto culinario vinculado ao territorio”, que “reivindica os produtos de proximidade” e enxalza “os atributos máis especiais que ten esta zona, como son a paisaxe e a viticultura”.

Tamén fixo fincapé en que a distinción chega na recta final da candidatura da Ribeira Sacra a obter o recoñecemento de Patrimonio Mundial pola Unesco, “unha declaración moi merecida que agardamos que sexa unha realidade en 2026”, dixo Arias.

“A gastronomía forma parte da nosa cultura e está presente en todo”, apuntou o delegado, quen salientou que tamén é un dos piares do festival 17º Ribeira Sacra, que vén de ser nominado como finalista en catro categorías á primeira edición dos premios TIIM Awards. Os galardóns entregaranse o vindeiro 10 de decembro en Valencia.

O delegado incidiu en que a provincia lucense “pode presumir dunha gastronomía sobresaínte, con produtos de excelencia e magníficos profesionais”, polo que “debemos seguir divulgando o moito que temos para ofrecer no panorama culinario”

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...