HomePolíticaO PP de Monforte quere "dar a batalla" convencido de que gañará...

O PP de Monforte quere “dar a batalla” convencido de que gañará a alcaldía

O candidato do PP á alcaldía de Monforte, Miguel Lemos, presentábase oficialmente este luns pola tarde, nun acto que contou coa participación da Presidenta e do Secretario provincial, Elena Candia e Carlos Armesto e do Secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, entre outros membros do partido a nivel local e provincial.

Publicado o

- Advertisement -

Este luns dábase por pechada a crise do PP monfortino. Despois de varias semanas con alternancia de candidatos e a dimisión da presidenta local, Julia Rodríguez Barreira, este luns o PP pechaba filas con Miguel Lemos. No acto de presentación do candidato non estivo Julia Rodríguez, pero si estivo presente a través de verbas de agradecemento e recoñecemento polo seu traballo ao frente do PP de Monforte.

Miguel Lemos loubaba o traballo de Julia Rodríguez ao servizo de Monforte e aseguraba que cara o futuro, o que Julia Rodríguez quixera aportar sería tido en conta, pero non puido confirmar que fose a formar parte do novo proxecto político, “Hai 4 anos convidoume a formar parte do proxecto que ela lideraba, con grandes ideas para Monforte e ensinoume que en política hai que ser constante e traballar arreo.”

Miguel Lemos aseguraba, na súa presentación, que viña para unir e achegar posturas,  “sen afán de liderazgo e mando, só de servizo á comunidade e de todos os monfortinos/as. Eu, Miguel Lemos, monfortino e médico, acepto ser o candidato do PP á alcaldía co profundo desexo de traballar por e para Monforte e asumo as obrigas e responsabilidades que conleva.”

Presentación Miguel Lemos / PP provincial

O candidato presidirá tamén a xestora precongresual do partido, cuxos integrantes se darán a coñecer próximamente e asegurou que abría as portas a quen se esforzara por Monforte e quixera mellorar a cidade. Apostou pola industrialización, o emprego e a prestación de servizos, confiando nun futuro ilusionante para o concello,  “Coa axuda de Deus e de todos vós faremos un PP gañador, moitas grazas e a traballar e a gañar.”

O Secretario Xeral do PPdeG comezou a súa intervención agradecendo a Julia Rodríguez o seu traballo durante 8 anos como presidenta local, voceira do PP e deputada autonómica. Segundo Miguel Tellado, o PP en Monforte non estaría en disposición de enfrontarse ás vindeiras eleccións municipais con posibilidades de éxito de non ser polo traballo desenvolto ata agora.

Misión alcaldía

Tellado insistiu en que o obxectivo do PP de Monforte era a alcadía, “En Monforte queremos dar a batalla e gañala. Os datos demostran que é factible. Hai 2 anos e medio nas autonómicas, habería un alcalde do PP porque tiñamos o 49,3% dos votos; nas xerais ao redor dun 44%. Temos un hourizonte moi positivo, se quen votou PP en setembro do 2016 vota en maio, Miguel Lemos será alcalde de Monforte. Estamos en condicións de gañar.”

Miguel Tellado aseguraba que a nova xestora contaría con todo o mundo, referiuse a traballar desde a unidade e a escoitar as demandas da xente. “Non somos unha moda ou unha incógnita. Somos un partido predecible e recoñecible, que forma parte da historia de España.

Tellado trasladoulle ao novo candidato o “respaldo total” do PPdeG na tarefa de unir o partido e traballar para que a xente se achegue ao PP buscando solucións. “Seguro que os veciños non queren un alcalde como o que teñen porque votar a Tomé Roca é como votar a Pedro Sánchez,…e hai moitos socialistas que non queren o que hoxe está facendo o PSOE”, concluía Miguel Tellado.

Presentación Miguel Lemos / XdL

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...