Homesociedade70% das prazas reservadas na Ribeira Sacra para a Ponte da Constitución

70% das prazas reservadas na Ribeira Sacra para a Ponte da Constitución

Polo de agora, hai reservadas 7.283 prazas diarias para venres, sábado e domingo, o que supón os datos de ocupación máis altos dende que se teñen rexistros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os datos do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para esta Ponte o destino conta cun 70% de prazas reservadas, “estaríamos a bater, un ano máis, outra marca de ocupación” aseguran.

A cifras confirman o bo momento do destino e o forte tirón do turismo de escapada nesta época do ano, especialmente nas fins de semana. O tipo de establecemento preferido para esta escapada son os hoteis de maior categoría e os de turismo rural.

Por outra banda remata novembro cun 35,7% de ocupación, con especial dinamismo nas fins de semana e consolidando unha tendencia de crecemento e batendo ano tras ano marcas de ocupación.

Ocupación por categoría de establecemento (novembro):

  • Hoteis 4 e 3*: 62,40 %
  • Turismo Rural: 23,89%
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 4,99%
  • Outros aloxamentos (albergues, pensións, campings, apartamentos, hoteis 2 e 1*): 47,48%

Con todo, os datos de novembro, superan en 4 puntos as previsións dos responsables a finais de outubro. As fins de semana saldáronse cunha media de preto do 50% de ocupación, acadando unha media do 70% nos hoteis de maior categoría.

Decembro comeza con cifras semellantes a novembro. Nestes intres, atópanse reservadas preto do 31% das prazas (unhas 3.205 prazas diarias), novamente a cifra máis alta dende que existen rexistros.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...