HomesociedadeO IES A Pinguela anfitrión na visita de alumnado de Melilla e...

O IES A Pinguela anfitrión na visita de alumnado de Melilla e Murcia

O centro de ensino monfortino organizou a fase galega da Agrupación de Centros Educativos que promove o Ministerio de Educación baixo o título de “Diversidad mediambiental como herramienta educativa para la educación ecosostenible en los centros educativos".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A pasada semana o IES A Pinguela participou nunhas xornadas de intercambio co alumnado de 3º ESO dos institutos de Ensino Secundario Leopoldo Queipo de Melilla e Valle del Segura de Blanca (Murcia). “Foron uns días de confraternidade e convivencia que desfrutamos alumnos e profesores. Todos os visitantes coñeceron o noso centro e o seu Planetario Matías Vázquez, a zona monumental de Monforte de Lemos, a adega Regina Viarum en Doade (Sober) e o Museo do Ferrocarril de Galicia”, comentan dende a dirección.

Visita ao Museo do Ferrocarril. Foto: IES A Pinguela.

Con ese alumnado tamén se coñeceron outros lugares de Galicia como o Castro de San Cibrao de Lás e a cidade de Ourense, o embalse de Belesar (centrales hidroeléctricas Belesar I e Belesar II) e Santiago. Ademais do anterior, houbo ocasión de realizar actividades do proxecto de diversidade mediambiental. 

En Santiago, diante da Catedral. Foto: IES A Pinguela.
Visita do alumnado a Belesar. Foto: IES A Pinguela.

“En Lugo visitamos a Deputación Provincial, onde nos recibiu o seu presidente, José Tomé, visitamos a Casa dos Mosaicos, unha das moitas testemuñas do pasado romano da cidade, e paseamos pola súa bimilenaria muralla”, comentan os anfitrións do IES A Pinguela.

Os visitantes remataron a semana visitando Pontevedra e o Grove para coñecer a ría de Arousa e degustar a súa riqueza marisqueira percorrendo en catamarán a ruta dos mexillóns no entorno das bateas.

“Foi unha semana intensa en aprendizaxe e convivencia. A próxima será xa en
2026, onde nos atoparemos todos de novo na fermosa comunidade de Murcia”
, di finalmente Enrique Sampil, director do centro de ensino anfitrión.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...