HomeCulturaEsta semana A Apalpadora visita Chantada, Sober e Pantón

Esta semana A Apalpadora visita Chantada, Sober e Pantón

Na zona sur as visitas da apalpadora comezaron o venres no Incio, Bóveda e Portomarín

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ano máis a presenza de tradición propias nas datas de Nadal co espectáculo “A apalpadora”, que se representará en 40 localidades ao longo deste mes de decembro.

No espectáculo de narración oral e música en directo, Antía Vázquez – a filla do Apalpador – e o musico André Espiñeira contan ás crianzas a historia desta figura do Nadal, transmitida a través da tradición oral, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán, e revitalizada na última década grazas ao impulso de asociacións e colectivos culturais de todo o país.

Por sexto ano a Vicepresidencia da Deputación organzia esta actividade que dá resposta ao interese cada vez maior das asociacións de nais e pais e das asociacións culturais, especialmente de concellos e parroquias rurais que buscan ofrecer actividades nestas datas.

Próximas citas na zonas sur:

  • Xoves, 11 de decembro, na Galiña Azul de Chantada. 11.00 horas
  • Venres, 12 de decembro, no CEIP Virxe do Carme de Sober. 9.45 horas
  • Venres, 12 de decembro, no CEIP Plurilingue Monte Baliño de Pantón. 11.30 horas
  • Martes, 16 de decembro, no CEIP de Oural en Sarria. 9.45 horas
  • Martes, 16 de decembro, no IES A Pinguela de Monforte.13.00 horas
  • Domingo, 21 de decembro, no CEIP Eduardo Cela Vila. Triacastela. 16.00 horas
  • Domingo, 21 de decembro, na Antiga Biblioteca de Samos. 17.30 horas
  • Martes, 23 de decembro, no Círculo do Saviñao. 18.00 horas

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...