HomesociedadeCita coa gastronomía e o cinema en Sarria

Cita coa gastronomía e o cinema en Sarria

O concello impulsa e organiza dous interesantes eventos no mes de febreiro, 'Fiporco' e a 'Escolma de Cinema Galego'.

Publicado o

- Advertisement -

Os días 16 e 17 de febreiro terá lugar a III Feira Internacional do Porco e os seus produtos gastronómicos no Mercado Gandeiro de Sarria. Un evento de dinamización económica para a comarca no que se exalta este apreciado animal que pasa, nesta época do ano, da corte a encher as despensas galegas. Esta mesma fin de semana, e dentro de Fiporco, organízase o sábado o XI Cocido de Porco Celta da Comarca de Sarria.

Ademais de exposición e venda de produtos derivados do cocho está programado que haxa unha exposición de coches clásicos e música para ambientar a festa. Na organización, xunto co Concello de Sarria, está a Academia Galega da Gastronomía.

E para a semana seguinte, os días 22 e 23 chega a 4ª Escolma de Cinema Galego de Sarria, evento organizado pola Concellería de Cultura e que este ano ten ás mulleres cineastas como protagonistas. Haberá diferentes proxeccións, coloquios e nesta ocasión tamén un obradoiro de creación audiovisual para estudantes dos institutos da vila.

Escolma de cinema galego de Sarria.

A organización adianta xa títulos das longametraxes que se poderán ver na mostra deste ano: “Os fillos da vide” de Ana Domínguez, “A estación violenta“ de Anxos Fazáns e “Trinta lumes” de Diana Toucedo. No apartado de curtas están confirmadas “Caerán lóstregos do ceo”, “Salitre nas veas” e “O porco e o seu espírito”, de Adrián Canoura. A entrada para ver as películas é libre e gratuíta e ao final da Escolma haberá un concerto do grupo Baiuca.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...