Homesociedade"Do Tradi ó Trap...baila morena!", o IES de Quiroga fórmase en igualdade

“Do Tradi ó Trap…baila morena!”, o IES de Quiroga fórmase en igualdade

O alumnado de 1º e 2º da ESO encheu o salón de actos do centro educativo para participar nesta actividade, á que tamén acudían a Concelleira de Igualdade, Maite Pérez Grao e o Concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co final do ano, o alumnado do IES de Quiroga participaba nunha actividade organizada polo Concello de Quiroga e a área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A actividade “Do TRADI ó TRAP… Baila, morena!” era unha charla coloquio da cantareira, Blanca Villares, na que se interpretaba música en vivo, proxectábanse materiais audiovisuais e narrábase unha experiencia sobre a que falaban os rapaces e rapazas participantes.

A actividade estaba basada no traballo realizado por Blanca Villares, mestra de música tradicional, sobre a revisión do noso cancioneiro popular. Coa finalidade de avanzar na igualdade e na loita contra as violencias, surxe a cuestión de si coa música normalizamos as violencias. Entender a historia das desigualdades que sufriron as mulleres que nos precederon a través dos cantos que delas aprendimos é unha lección de vida.

O obxectivo, sensibilizar ao alumnado en materia de igualdade e erradicación da violencia contra as mulleres. No obradoiro tratáronse as violencias sexuais a través das músicas nos tempos de antes e de agora, e o seu papel nas colectividades que as compoñen…e escoitan; e a través delas e da publicidade ou redes socais abordouse o consentimento, o acoso e o abuso sexual.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...