HomeDeportes62.000€ para 14 asociacións deportivas de Monforte

62.000€ para 14 asociacións deportivas de Monforte

A Xunta de Goberno desta semana deu luz verde aos expedientes correspondentes, que suman un total de 62.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas axudas concédense para axudar ás asociacións deportivas monfortinas a cubrir gastos da súa actividade no ano 2025. O alcalde, José Tomé, destaca o importante traballo que realizan estas entidades e o esforzo dos deportistas monfortinos, “por iso desde o Concello colaboramos moi estreitamente con eles, para que os clubs e os deportistas realicen as actividades deportivas nas mellores condicións posibles”.

Neste senso, recorda as inversións feitas nos últimos anos para mellorar as infraestruturas deportivas da cidade, especialmente a intervención no conxunto deportivo da Pinguela, coa reforma integral do pavillón polideportivo e a renovación da piscina municipal.

As axudas teñen contías que van desde os 1.000 aos 18.000 euros e están distribuídas do seguinte xeito:

-A.D. A Ponte Vella: 1.000€

-Club Baloncesto Val de Lemos: 7.500€

-A.D.C. Monteforte: 1.500€

-Club Lemos: 18.000€.

-Club Fluvial de Monforte: 1.000€

-A.D. Torre de Lemos: 1.000€

-Sociedade Val de Lemos: 1.500€.

-A.D. Escolapios: 1.000€

-Club Quixós: 6.000€

-Club Natación Monforte: 15.000€

-A.D. Colexio Ferroviario: 1.000€

-Club Rítmica Quicela: 4.000€

-Club Ciclista Ribeira Sacra: 1.000€

-A.D. A Gándara: 2.500€.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...