HomeCulturaTeatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O Concello de Monforte organiza, dentro do programa das Festas de Nadal, varios espectáculos teatrais dirixidos ao público infantil e familiar, que terán lugar na casa da cultura de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da compañía Lalá Teatro. A seguinte proposta é este venres, 26 de decembro, ás 18.00 horas na Casa da Cultura. A compañía Títeres Cachirulo presenta a súa montaxe “O ladrón de xoguetes”, unha divertida aventura protagonizada polo Apalpador e os seus amigos, que terán que impedir que o ladrón Pasmón roube os xoguentes dos nenos.

Xa o martes, 30 de decembro, a Casa da Cultura acolle ás 18.00h o espectáculo infantil e familiar “A fantasía do Nadal”, de María Faltri. “Abracadabra”,  con esta palabra máxica ábrese o telón dun espectáculo onde todo é posible. María Faltri dá vida a personaxes entrañables e momentos cheos de luz. Acompañada por Reyner Aldana na guitarra, coros e percusións, crearán un ambiente máxico.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...