HomesociedadeDous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Durante o 2024 e o 2025, Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia chegou ás comarcas de Lemos, Chantada e Deza. O proxecto, financiado por Fondo Social Europeo Plus de garantía infantil, inclusión social e loita contra a pobreza de Fundación MAFPRE conta cunha prórroga de dous anos máis polo que seguirá, como mínimo, ata decembro 2027.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas migrantes, maioritariamente de orixe hispanoamericano entre 25 e 65 anos, e africano entre 20 e 30 anos. “Atopámonos con todos os niveis de estudos ata educación universitaria, con bloqueos na súa homologación en España”, aseguran.

Durante estes dous anos realizáronse itinerarios individuais de emprego onde se traballou a definición do obxectivo profesional, plan de acción, mapa de empregabilidade, currículo e adestramento de entrevistas. Tamén se facilitaron formacións ad hoc como Curso Básico Homologado de PRL Construción, Albañilería, Competencias dixitais, Limpeza en Aloxamentos Turísticos, Loxística e Distribución, entre outros.

Con respecto ao perfil de participantes que queren emprender, a maioría buscan o autoemprego. Os proxectos analizados están, desde a fase pre-seed (con ideas pouco desenvolvidas) ata a previa á súa alta. Realizamos mentorías individualizadas coa contratación de especialistas nos sectores de actividade, así como talleres de mellora das súas competencias brandas, xurídicas, financeiras, dixitais e comunicativas.

As Comunidades de Aprendizaxe creadas foron Montes de Saberes, Adegas Pequenas, Mujeres Rurales sendo de gran actividade, na zona de Chantada, a Comunidade de Aprendizaxe Turismo Sostible Rede Miño Secreto onde se acompañan a proxectos deste sector xa creados e en fases avanzadas. Potenciouse un Club de Emprendemento Ribeira Sacra no que traballamos con persoas e proxectos locais onde potenciamos as sinerxías e actividades coordinadas.

O proxecto, que ten como principal obxectivo a fixación poboacional de calidade nas zonas rurais, atendeu a máis de 245 participantes en toda Galicia, con 76 insercións das cales 8 son emprendemento. Actualmente están en proceso de acompañamento para alta de negocio de 13 persoas, cuxa previsión de alta é 2026.

ÚLTIMAS

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...