HomeCulturaOferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

A proposta do Concello de Taboada é a peza "Berenguela na gaiola", e a do Concello de Quiroga "O Señor López".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra de teatro, “Berenguela na gaiola”, que se poderá ver no Cuartel Vello ás 18:00 h.

Trátase dunha divertida e emotiva proposta para público familiar que fan posible Galeatro e Xarope Tulú en colaboración co Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro de Carballo (FIOT). A dramaturxia e dirección corre a cargo de Paula Carballeira e o elenco de actores está composto por Alba Bermúdez, Tone Martínez e Atenea García. Esta peza foi gañadora do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais en 2025.

A montaxe comeza cando nunha residencia da terceira idade traen de volta á Berenguela, una anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris. Representando ‘Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela’, de Manuel María, as tres anciás atoparán a liberdade que cren perdida e a posibilidade de cambiar o mundo.

A obra forma parte do programa Móvete 2025 do servizo de Cultura de Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

TEATRO NO CONCELLO DE QUIROGA

O Auditorio Municipal de Quiroga acolle este domingo ás sete da tarde, “A viaxe do Señor López”, montaxe a cargo de Señor López Producións. A obra forma parte do programa Circuitos de Teatro da Deputación de Lugo.

O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan característica do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes, fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López convértese nun paxaro-Inuit. Unha montaxe que achegará un sorriso ao público familiar.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...