HomesociedadeTres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

Coñece a túa provincia, Rutas polo románico e Encoro Aventura foron os programas destacados na última reunión do ano do Consello Provincial de Turismo do organismo provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes de proximidade para afianzar o seu modelo de turismo sostible e de calidade. Os tres programas turísticos destacados foron ‘Coñece a túa provincia’, ‘Rutas polo románico’ e ‘Turembalses’ segundo se salientou última reunión do ano do Concello Provincial de Turismo celebrada o día 26 de decembro.

COÑECE A TÚA PROVINCIA

Coñece a túa provincia é un programa da Deputación de Lugo que ten como fin a realización de viaxes de balde dun día de duración pola provincia que ten como beneficiarias asociacións con sede na provincia de Lugo.

Un total de 135 asociacións sen ánimo de lucro participaron este 2025 na quinta edición do Coñece a túa provincia, volvendo ser esta iniciativa un éxito de participación.

Participantes de Coñece a túa provincia / Deputación de Lugo
RUTAS POLO ROMÁNICO E TUREMBALSES

Preto de 300 persoas participaron este ano nas visitas a monumentos románicos en 19 concellos entre maio e xuño, no marco do programa Rutas polo románico da provincia.

Outro proxecto de turismo no que participou a Deputación de Lugo foi Turembalses, para promocionar o turismo de presas, e no marco desa iniciativa puxo en marcha o programa Encoro Aventura, de experiencias singulares relacionadas con esas infraestruturas.

OUTROS EVENTOS E PROGRAMAS TURÍSTICOS

A institución provincial tivo presenza tamén nunha decena de feiras turísticas de referencia como: Fitur, Expomar, Fairway ou Xantar; e mantivo accións de patrocinio e axudas destacadas para fortalecer o sector turístico.

Ademais, a Deputación continuou apostando por un dos motores de atracción de visitantes da provincia: as rutas fluviais. No 2025 unhas 57.000 persoas percorreron a Ribeira Sacra a bordo dos catamaráns da institución.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...