HomesociedadeFotoxénica-Mente II, nova exposición da Asociación Albores

Fotoxénica-Mente II, nova exposición da Asociación Albores

A inauguración terá lugar este venres 1 de febreiro ás 17:30 h. na biblioteca do IES Daviña Rey en Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

Na inauguración da Exposición Fotoxénica-Mente II leranse uns textos que amosarán a importancia de promover a saúde mental entre as persoas novas para previr e tratar precozmente as enfermidades mentais, e aproveitarase tamén para facer entrega de premios aos autores das fotografías gañadoras.

O segundo Certame Fotoxénica-Mente foi convocado pola Asociación Albores o pasado 10 de outubro de 2018, Día Mundial da Saúde Mental. O tema do concurso foi a saúde mental e a mocidade, seguindo a liña da Organización Mundial de Saúde que dedicou o Día Mundial da Saúde Mental 2018 á xente nova. A mostra fotográfica, que visitará os institutos da zona durante os vindeiros meses, irá acompañada de obradoiros para o alumnado. Os obxectivos que se perseguen con esta dobre actuación son ofrecer unha formación en temas relacionados coa saúde mental e fomentar a prevención e detección precoz das enfermidades mentais na xente nova.

“Enfocando realidades”, de Marta Sueiro. 2º Premio Fotoxénica-Mente II

Trátase dun acto de aforo limitado ao que están invitadas as persoas participantes do concurso, os axentes políticos, o equipo directivo e o claustro do profesorado do instituto, o usuariado de Albores, as súas familias e os medios de comunicación con carácter preferente. Se alguén tivese especial interese deberá confirmar presenza enviando un correo electrónico a albores@albores.org

A Asociación Albores é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa dende o ano 1999 para a asistencia e mellora da calidade de vida das persoas con enfermidades mentais crónicas e as súas familias. Conta con dous centros de rehabilitación psicosocial e laboral en Monforte de Lemos e Chantada.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...