HomeCulturaA MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Como vén sendo habitual nestes últimos anos, A MESA Lemos, delegación comarcal da Mesa Pola Normalización Lingüística, aproveita estas datas de Nadal para organizar unha actuación para público familiar en concellos da comarca. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase o vindeiro sábado 3 de xaneiro ás 11:00 h. no marco do Mercadiño de Nadal que organiza o concello. No Centro Sociocultural da vila terá lugar o espectáculo “Filipa cos Contos”, unha proposta da Compañía Bandullo Azul.

Con esta iniciativa, A Mesa Lemos busca normalizar o galego entre os/as máis pequenos/as e tamén achegarse ao público para visibilizar a súa presenza nos concellos do Sur de Lugo dando a coñecer o seu traballo. Aproveitando o Mercadiño de Nadal que organiza o Concello de Pantón levarase material en galego como libros, láminas para colorear e adhesivos.

Filipa cos contos

Sesión de contos tradicionais, populares e inventados. Con música e cancións en directo para contar e cantar. Conta con dous narradores: un actor e contador, Fran, e un monicreque que manexa o propio actor: Filipa. Entre os dous vanse repartindo as historias, relacionándose entre eles e ó mesmo tempo co público.

A música en directo, as cancións, os contos cantados… animan á participación do público. Unha mestura que vai acadando a atención dun público familiar. Sesión “filipante” de contos para toda a familia: historias tradicionais, contos populares, contos de autoras e autores galegos, contos inventados, cancións e música en directo, humor… e moita participación do público. Unha sesión de narración oral entre os dous contadores que se suben a escena: Fran e a súa amiga Filipa.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...