HomesociedadeChantada celebra o 5 a Cabalgata de Reis e o 6 Carrusel...

Chantada celebra o 5 a Cabalgata de Reis e o 6 Carrusel gratuíto

O Concello de Chantada introducía este ano unha importante novidade, pensada especialmente para a infancia, durante a programación de Nadal. Tratábase do Carrusel que durante estas Festas se instalou diante do Auditorio Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Carrusel está en funcionamento ata o 5 de xaneiro cun prezo de 2€ por viaxe (3 viaxes a 5€). Para celebrar a boa acollida da iniciativa, funcionará tamén o martes, día 6, neste caso con viaxes gratuítas para todas as nenas e nenos, en horario de 12:00h a 14:00 e de 16:30h a 19:30h.

Un día antes, o luns, 5 de xaneiro, o Concello de Chantada celebra a Cabalgata de Reis que dará comezo ás 18:30h diante da DomusVi, despois de que Melchor, Gaspar e Baltasar visiten ás persoas residentes no centro.

A Cabalgata de Reis, que contará con animación durante o percorrido, baixará pola Avenida de Lugo cara a Praza de Santa Ana e Catro Camiños. Desde alí continuará cara a Praza de Galicia pola Avenida de Monforte para rematar no Auditorio Municipal onde as nenas e nenos de Chantada poderán manter un encontro coas Súas Maxestades. A visita de Melchor, Gaspar e Baltasar pecharase cunha chocolatada para as persoas presentes no Auditorio.

Cabalgata Reis arquivo / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...