HomesociedadeO Concello de Taboada fai un chamamento para reunir fotos antigas

O Concello de Taboada fai un chamamento para reunir fotos antigas

O obxectivo é realizar unha exposición fotográfica destinada a recuperar e poñer en valor a memoria colectiva do noso municipio como parte das actividades da 34ª Festa do Caldo de Ósos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Taboada está difundindo unha iniciativa para que lle chegue a toda a veciñanza na que convida a participar nunha exposición fotográfica que busca a recuperación da memoria colectiva do concello.

O chamamento faise para reunir fotos antigas anteriores a 1980 que reflictan a vida cotiá de Taboada e as súas parroquias; as festas, romarías, tradicións e eventos sociais; oficios, traballos, escenas da vida rural en xeral; paisaxes, lugares emblemáticos, edificios desaparecidos ou rehabilitados; e retratos familiares ou colectivos que reflictan a identidade local.

No que respecta ao formato das imaxes, a organización aceptará que sexan en papel e de calquera tamaño e que estean en condicións de seren lexibles e dixitalizadas sen risco de deterioro. Así mesmo, pídese que as fotografías teñan unha mínima identificación: nome da persoa ou familia propietaria, localización da escena, data ou década estimada, e breve descrición do que aparece na imaxe se fose posible.

O material fotográfico deberá entregarse a José Portela, Tenente de Alcalde, ou a Manuel Diéguez, concelleiro de cultura, e facelo antes do 22 de xaneiro.

USO DAS IMAXES, CONSERVACIÓN E DEVOLUCIÓN

As fotografías serán entregadas para a exposición da XXXIV Festa do Caldo de Ósos e para materiais de difusión relacionados co evento. Sen autorización expresa dos seus propietarios non se fará ningún outro uso das mesmas.

Todas as imaxes recollidas serán tratadas co máximo coidado, dixitalizadas para obter reproducións que se empregarán na exposición e devolveranse os orixinais aos seus propietarios.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...