HomeEconomíaA Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presentou este luns pola tarde a segunda convocatoria das achegas para a conservación paisaxística e a loita contra a erosión dos viñedos da Ribeira Sacra, que poden solicitarse ata o 9 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez descatou que “a Xunta é consciente da importancia que ten a Ribeira Sacra para Galicia, tanto polo seu valor natural como pola contribución á economía galega a través do sector vitivinícola”. Uns valores que agarda sexan recoñecidos pola Unesco. Sobre o peso do sector vitivinícola na contorna, a conselleira destacou que é o motor económico fundamental deste territorio, no que se cultiva o viñedo en zonas de muras de pedra e socalcos, dando forma á viticultura heroica pola que é coñecida a Ribeira Sacra.

Por estes motivos, explicou a titular de Medio Rural, a Xunta decidiu dar continuidade neste 2026, por segundo ano consecutivo, ás axudas para a conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión nos viñedos desta zona, cuxa convocatoria vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia (DOG) cun orzamento de 1,5 millóns de euros.

Asemade, trasladou que a contía máxima individualizada para cada beneficiario varía en función do sistema de cultivo emprego. Neste sentido, os viticultores que realicen o seu traballo de xeito mecanizado poderán contar con achegas de ata 1.000 euros por hectárea, mentres que as persoas que levan a cabo este labor cun sistema non mecanizado poden optar a axudas de ata 2.000 euros por hectárea. En ambos os dous casos, o máximo de axuda por beneficiario será de 50.000 euros.

A conselleira fixo tamén referencia á convocatoria de 2025 destas achegas, que permitiron recoñecer o labor de 794 viticultores a través dun orzamento de algo máis de 1,3 millóns de euros.

Conselleira Medio Rural en Ribeira Sacra / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...