HomeSucesosA misteriosa aparición do tractor desaparecido fai 3 anos en Monforte

A misteriosa aparición do tractor desaparecido fai 3 anos en Monforte

Aparece un tractor coas chaves postas no lugar que foi roubado no 2016.

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- Axentes da Comisaría de Monforte de Lemos investigan as circunstancias do misterioso caso dun tractor que apareceu este xoves pola tarde, coas chaves postas, no mesmo lugar no que fora roubado en xuño do 2016.

Fontes policiais confirmaron a EFE que, de momento, a investigación “continúa aberta” e non se descarta ningunha hipótese, tendo en conta o estraña que resultou a desaparición dun vehículo agrícola desa envergadura e agora a súa aparición no mesmo lugar.

Precisaron que o tractor, valorado no seu momento nuns 60.000 euros, foi roubado do recinto dun establecemento comercial situado na estrada de Chantada, en Monforte de Lemos.

Onte pola tarde, o vehículo aparecía, case no mesmo lugar, pero fóra do recinto, coas chaves postas, e con algunhas modificacións no frontal.

ÚLTIMAS

Xa é Nadal no CC Ponte Vella de Ourense

Ponte Vella deulleo pasado venres 20 de novembro a benvida ao Nadal co acendido...

Murais, performance e manifestos na celebración do 25N no sur da provincia

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o 25-N, Día Internacional da Eliminación da...

A ‘Quiroga Bike Marathon’ anuncia data para 2027

Os organizadores da "Quiroga Bike Marathon", unha das probas de MTB de referencia no...

O BNG de Monforte demanda mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil

O voceiro municipal do BNG, Emilio J. Sánchez, asegura que en distintas rúas de...