HomeCultura“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

A exposición, Os maragatos da Porta de San Pedro, organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, inaugurouse na casa da cultura de Chantada coa participación de Ramón Rodríguez Porto, escritor que colabora no libro do proxecto; María Luísa García, en representación do Concello de Chantada; e o presidente de Egeria, Xulio Xiz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da familia Pérez Carro, asentada en Lugo desde 1880, o seu importante papel comercial e social na capital da provincia.

Cara 1880, a primeira xeración dos Maragatos da Porta de San Pedro, Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro, chegada da maragatería leonesa asentouse fronte á Porta Toledana da muralla de Lugo (actual Porta de San Pedro), converténdose en lucenses. O 19 de abril de 2021 cumpríronse 40 anos do falecemento do cabeza de familia da segunda xeración, Tomás Pérez-Carro García. Por este motivo a terceira xeración puxo en marcha este proxecto para investigar a historia familiar, a súa procedencia e traxectoria ao servizo do comercio lucense, representada hoxe polo histórico establecemento que rexe na rúa San Pedro, María del Carmen Pérez Carro García, a máis nova dos membros desta teceira xeración.

A mostra pode visitarse en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 20:00 de luns a venres e os sábados de 10:00h a 14:00h.

Exposición maragatos porta san Pedro / Egeria

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...