HomePolíticaA oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte solicita facer un estudo das zonas máis afectadas e o PP esixe actuacións inmediatas para renovar a rede.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou á pasada sesión pedindo a dimisión de Tomé. Pedían a votación separada dos distintos puntos e denegouse por parte do equipo de goberno.

Para garantir que o pleno municipal “se pronuncie de maneira expresa e individualizada nunha cuestión de especial relevancia institucional e social”, piden someter a debate e votación o punto 5 da moción presentada o pasado 29 de decembro, permitindo que conste en acta o sentido do voto de cada grupo municipal.

Con todo Esperta Monforte solicita a realización inmediata dunha auditoría interna e xurídica, sobre a existencia, vixencia e contido do protocolo municipal de prevención e actuación fronte o acoso sexual e o acoso por razón de sexo, “así como se foi activado ante os indicios coñecidos, dando conta dos seus resultados ao pleno municipal”.

Na moción referida ao abastecemento, Esperta Monforte insiste en que a cidade ten 18.560 habitantes “cun abastecemento de auga que padece unha ducia de avarías ao ano por roturas de tubaxes”. Lembran que dentro dun mes fará un ano do anunciado acordo histórico de 10M€ para substituir 51.700 metros de tubaxes obsoletas e de amianto e solicitan facer un estudo das zonas máis afectadas e con máis roturas e programar e executar actuacións por cuadrículas ata a chegada dos cartos prometidos.

O PP de Monforte esixe actuacións inmediatas para renovar a rede de abastecemento

Os concelleiros do Grupo Municipal de Monforte defenderán no vindeiro pleno unha iniciativa para instar ao equipo de goberno a executar actuacións concretas e urxentes destinadas á substitución das tubaxes de fibrocemento da rede de abastecemento. Katy Varela sinala que “o día de Noiteboa unha gran parte da poboación quedou sen subministro de auga durante horas, afectando de maneira especialmente grave ao centro da cidade, onde numerosos fogares e negocios permaneceron sen este servizo esencial durante toda a xornada”.

“De nada valen os anuncios senón se acompañan de feitos, e os monfortinos levamos moito tempo agardando a ver como se fan realidade os investimentos millonarios dos que presume periodicamente José Tomé, como nestas datas que vén de cumprirse un ano do anunciou dun suposto investimento de 10M€ para renovar por completo a rede de abastecemento, pero que quedou nun anuncio”, lamentou.

ÚLTIMAS

O monfortino Miguel Arias campión do ‘Spanish Masters Internacional’ de Squash

A vitoria de Miguel Arias, que devolve o squash monfortino á elite máster, ten...

A falta de vivenda centra o foro que Ribeira Sacra Next promove o 19 de xuño no Parador de Monforte

Durante a presentación do encontro, na sede da CEO, os representantes das tres entidades...

O 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa en Sober na proxección do seu filme ‘Historias del Buen Valle’

Aproveitando a presenza do cineasta na vila, o Concello de Sober organiza, en colaboración...

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...