HomeTerra de LemosMonforteJosé Tomé propón unha dedicación exclusiva en Monforte tras dimitir como presidente...

José Tomé propón unha dedicación exclusiva en Monforte tras dimitir como presidente da Deputación de Lugo

O PP denuncia que o alcalde se asigna un salario de máis de 85.000 euros para compensar a perda do soldo provincial, mentres o rexedor desmente a cifra e sitúaa en 62.555 euros brutos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé, levará ao pleno do vindeiro luns, 26 de xaneiro, un decreto para asignar unha dedicación exclusiva polo seu labor como rexedor. Esta medida chega despois de que Tomé dimitise como presidente da Deputación de Lugo e solicitase a baixa no PSOE por mor dunha denuncia por suposto acoso sexual presentada na canle interna do partido. O pleno municipal, fixado para as 20:00 horas, formalizará esta retribución despois de que o pasado 30 de decembro deixase de percibir o soldo da institución provincial.

Os concelleiros do PP de Monforte denunciaron que se trata dunha “decisión unilateral” para asignar unha nova dedicación exclusiva anual que, segundo os seus cálculos, ascende a 85.307,63 euros. A portavoz popular, Katy Varela, asegurou que o alcalde “decide asignarse un soldo a conta do erario público” tras ser obrigado polo seu partido a abandonar a Deputación. Varela sostivo que, dadas as circunstancias da denuncia, o ético sería dimitir e non “asignar unilateralmente un soldo similar”. Ademais, a edil do PP acusou a Tomé de tentar “comprar o silencio” da corporación ao propor tamén unha subida das axudas por asistencia a órganos colexiados, que pasarían de 150 a 200 euros.

Pola súa banda, José Tomé negou categoricamente as afirmacións do PP e asegurou que a cantidade que se vai aprobar non é a denunciada polos populares, senón de 62.555,01 euros brutos para o ano 2026. O rexedor subliñou que esta cifra se axusta ao informe da Secretaría Xeral e ás limitacións da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para concellos de entre 15.001 e 20.000 habitantes. Tomé recalcou que este salario é 17.423 euros inferior ao que percibiría como presidente da Deputación e acusou ao PP de mentir sobre as contías reais da proposta.


ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...