HomeCulturaPresentación en Monforte de "Agora, eu cariota", poemario do activista cultural Xosé...

Presentación en Monforte de “Agora, eu cariota”, poemario do activista cultural Xosé Gago

O acto terá lugar o vindeiro xoves 29 de xaneiro ás 20:15 no restaurante Trespés e está organizado pola libraría Agrasar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento contará coa presenza de Paula Vázquez Verao, vencellada á Asociación O Colado do vento, e nel haberá unha cata-maridaxe de versos, viños e petiscos deseñada por Brais Gómez, chef do Trespés. Ofreceranse tres viños e petiscos relacionados con elementos presentes no poemario.

Para asistir á parte gastronómica é obrigatoria a reserva no teléfono 661 434 336 tendo a cata-maridaxe un custe de dez euros. 

‘AGORA, EU CARIOTA’                                         

Trátase do primeiro poemario de Xosé Gago, unha obra que edita Laiovento e na que o autor nútrese da súa experiencia no eido da xestión cultural e do patrimonio en comunidade, principalmente no concello da Pobra do Brollón. “O poemario está atravesado por unha reivindicación do comunitario, das redes de coidados e da veciñanza como elemento de resistencia”, comenta Gago. 

O poemario achega unha reflexión de Gago a partir de experiencias e aprendizaxes nos anos que leva vivindo e traballando neste territorio da Ribeira Sacra e estrutúrase en varios capítulos. O capítulo central, ‘Ribeiranas“, está inspirado na experiencia profesional e persoal de Gago nas ribeiras do Sil en Trasmonte, onde participou no proxecto de xestión comunitaria do patrimonio Adegas da Memoria e onde acabou por facerse con viñedo. Así, a ribeira e o mundo da viticultura tradicional teñen un espazo esencial no poemario.

Agora, eu cariota conta cun prólogo da poeta Susana Sanches Aríns e unha nota na contraportada do tamén poeta Xosé Mº Álvarez Cáccamo. Está dispoñible en librarías baixo o selo “VentoAlto”, colección de poesía da editorial Laiovento.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...