HomeEconomíaA rehabilitación de vivendas en Monforte aumentou un 75% e a obra...

A rehabilitación de vivendas en Monforte aumentou un 75% e a obra nova case un 44%

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta do aumento do 12,7% no número de licenzas de obra aprobadas no 2025 pola Xunta de Goberno Local. En palabras do rexedor, a tendencia positiva deste indicador “é unha boa mostra do impulso da actividade económica na nosa cidade e, polo tanto, da creación emprego”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tal e como reflexa o balance anual, a Xunta de Goberno Local do Concello aprobou ao longo de 2025 un total de 609 expedientes, nos que se inclúen tanto as licenzas de obra como as comunicacións previas e os informes. Son 69 máis que en 2024, no que foran concedidas 540, o que supón unha subida do 12,7%. O Alcalde destaca “a relevancia deste bo ritmo da actividade urbanística no noso municipio, xa que supón un pulo na dinamización económica da cidade”.

Do total de licenzas 23 corresponden a obra nova fronte ás 16 de 2024, o que se traduce nun aumento do 43,75%. A maioría (un total de 20) refírense a edificacións de nova planta, e 3 son naves de gran envergadura no polígono industrial ou de explotacións gandeiras, xa que non se contemplan neste apartado pequenas naves agrícolas.

O apartado con maior incremento da actividade no ano 2025 respecto do exercicio anterior é o das rehabilitacións. Aprobáronse 14 licenzas, comunicacións previas ou informes correspondentes a actuacións de rehabilitación integral, fronte ás 8 de 2024, polo que a subida neste ámbito é do 75%.

A maioría destas actuacións corresponden a proxectos de rehabilitación no centro histórico. Precisamente, a Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 8 de setembro prorrogar ata o 31 de decembro de 2026 o prazo de execución das actuacións da Fase 11ª de intervención na ARI do Conxunto Histórico e Zonas de Respecto de Monforte de Lemos, e mantéñense activas as fases 12ª e 13ª. As tres fases deste programa suman 88 actuacións na denominada ARI do Conxunto Histórico e Zonas de Respecto de Monforte de Lemos.

Así mesmo, o 30 de decembro pechouse a convocatoria de axudas para actuacións a nivel de barrio, no entorno residencial de rehabilitación programada de Monforte de Lemos (ERRP Conxunto Histórico e Zonas de Respecto de Monforte de Lemos), financiada con Fondos Next Generation. “A aposta deste Equipo de Goberno pola recuperación e posta en valor do Conxunto Histórico de Monforte é firme”, destaca o Alcalde, que fai especial fincapé no “impacto positivo deste programa de axudas encamiñadas a rehabilitar e revalorizar este espazo da nosa cidade”.

Reformas, obras menores exteriores e informes

No caso das reformas, o número de  licenzas,  comunicacións previas e informes aprobados pasou de 302 en 2024 a 303 no 2025, cun lixeiro aumento do 0,33%. Este ámbito recolle actuacións tanto en interiores como en exteriores, incluíndo fachadas, placas fotovoltaicas, baños, cociñas, pintura, canalóns, ascensores, etc.

Maior é o incremento na aprobación de obras menores exteriores, referidas a peches, alpendres, accesos a parcelas ou invernadoiros, entre outras actuacións. Neste caso, pasouse de 106 en 2024 a 159 en 2025, o que supón un 50% máis.

No caso dos informes, realizáronse 110 en 2025 fronte aos 108 de 2024, un 1,85% máis. Este apartado recolle principalmente ordes de execución, certificados urbanísticos, segregacións, etc.

ÚLTIMAS

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...

O CCU de Monforte sen candidaturas para renovar a Xunta Directiva

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos vén de comunicar que, rematado...