HomesociedadeA ANPA do CEIP de Sober protesta pola "discriminación educativa" que padecen

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

O Grupo Municipal de Agroma Sober – IGV vén de rexistrar unha moción no Concello para apoiar as reivindicacións da ANPA e da CIG-Ensino a respecto da "necesaria dotación" de profesorado adicional no CEIP de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a súa “indignación e total rexeitamento á negativa da Consellería de Educación a dotar ao centro do profesorado necesario para desdobrar o agrupamento do Primeiro ciclo de Educación Primaria, que supera nun 10% as ratios establecidas legalmente”.

As familias esixen que se dote ao centro co profesorado necesario para emedar o que consideran “unha gravísima situación de discriminación, desamparo e desatención educativa que están a sufrir os nosos fillos e fillas e así poder recibir a atención educativa que merecen e á que teñen dereito”.

Moción de Agroma Sober

O curso 2025-2026 comezou para o CEIP Virxe do Carme de Sober cun agrupamento de 1º e 2º de Primaria, con 15 alumnos e alumnas, que excedía a rateo acordada como referencia (14 alumnos/as) e que, polo tanto, debería ser desdobrado. Esto non se produciu e o Primeiro Ciclo de Primaria mantívose agrupado, pois a Consellería de Educación considerou que “segundo a normativa vixente, pódese autorizar un incremento de até o 10 % da ratio por aula para atender incorporacións tardías en períodos de escolarización extraordinaria”.

Xa en decembro de 2025, incorporouse alumnado a este ciclo, facendo que a aula superase ese límite do 10% considerado pola Consellería.

Á volta das vacacións do Nadal, a Consellería continúa sen incorporar o profesorado adicional necesario, co cal 1º e 2º seguen agrupados, pese a exceder as rateos establecidas e a contar con alumnado con diversas necesidades educativas.

Ante esta situación, que provocou a mobilización da CIG-Ensino e da ANPA do CEIP Virxe do Carme, a Consellería sinalou que non vía necesario o desdobre dado que o centro está a funcionar “ben”.

“Agrupar alumnado de niveis diferentes cando hai unha excesiva rateo na aula provoca o sobreesforzo do profesorado e a perda de atención educativa axeitada ás necesidades e distintas condicións de aprendizaxe do alumnado”, insisten desde Agroma Sober. Con todo,a formación política espera que o pleno acorde respaldar as reivindicacións da ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e trasladar á Consellería de Educación a esixencia de dotar ao centro co profesorado adicional necesario para efectuar o desdobre de 1º e 2º de Primaria de xeito inmediato.

ÚLTIMAS

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...

O CCU de Monforte sen candidaturas para renovar a Xunta Directiva

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos vén de comunicar que, rematado...

636.334€ e 4 meses de prazo de execución para a fonte do Parque dos Condes

O procedemento de contratación abriuse o pasado mes de outubro coa licitación do contrato,...