HomesociedadeUnha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

O contrato con Aqualia (empresa concesionaria desde 2001) finaliza en xullo deste 2026 tras 25 anos de vixencia, e o Equipo de Goberno decidiu recorrer a unha consultora especializada para redactar as bases que rexerán o novo procedemento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos de redacción da documentación que conformará o expediente para a renovación do contrato de xestión dos servizos da auga no Concello de Monforte.

O alcalde, José Tomé Roca, avanzou que a empresa contratada será a encargada de elaborar toda a documentación que conformará o Expediente de Contratación da Concesión para a xestión dos servizos de Ciclo Integral da Auga do municipio: abastecemento de auga potable, saneamento, sumidoiros e depuración. O Goberno local non ten intención de prorrogar a concesión con Aqualia, polo que se espera poder licitar o novo contrato no segundo semestre deste ano.

Os traballos solicitados inclúen o estudo de viabilidade económico-financieiro, a redacción da memoria xustificativa do contrato para a xestión do ciclo integral da auga e os pliegos de condicións técnicas e administrativas, que son os documentos esenciais que conforman o expediente de contratación xa que vinculan xurídicamente ás partes contratantes.

No caso do estudo de viabilidade económico-financieiro do futuro contrato de concesión, o documento deberá conter unha memoria da explotación cos datos básicos do servizo que servirá de base para a oferta dos licitadores. Tamén incorporará un estudo económico dos costes de explotación, gasto anual, gastos xerais, amortizacións e gastos financeiros, ingresos do servizo, estudio de implantación dun canon de inversións e obras (no seu caso), estudo de suficiencia tarifaria e un análise da viabilidade do servizo. Para este último informe será necesario realizar unha avaliación dos gastos e ingresos do servizo para todo o período da concesión en función dunha relación de parámetros e finalmente os conceptos de Tasa Interna de Retorno (TIR) e Valor Actual Neto (VAN).

A consultora encargarase tamén de redactar toda documentación que conforma o Expediente completo da licitación. Neste apartado está incluído un informe da estrutura de costes e outro sobre a acreditación da oportunidade e conveniencia do contrato para a prestación do servizo da auga.

Así mesmo, a empresa redactará a memoria xustificativa do contrato que deberá conter os seguintes aspectos: necesidade do contrato, división en lotes ou non, procedemento de licitación, valor estimado do contrato e prezo base de licitación, insuficiencia de medios e os criterios de adxudicación e solvencia, ademais das condicións especiais de execución do contrato. O expediente complétase cos pliegos de prescripcións técnicas particulares e de condicións administrativas particulares e os correspondentes anexos. Os pliegos recollerán as cuestións técnicas da xestión do servizo de abastecemento e saneamento da auga, a maneira na que se desenvolverá o proceso de selección da empresa e as condicións que marcarán a relación entre o Concello e a firma que resulte adxudicataria do contrato

ÚLTIMAS

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...