HomesociedadeO Porco Celta reivindícase en Sarria como motor económico do rural

O Porco Celta reivindícase en Sarria como motor económico do rural

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, salientou este sábado en Sarria o papel do Porco Celta “como motor económico e de futuro para o rural galego”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada participou na celebración da XVIII Festa do Cocido do Porco Celta, unha cita plenamente consolidada na provincia que, segundo destacou, “é unha celebración do que somos e unha mostra de como Galicia pode mirar ao futuro sen renunciar ás súas raíces”.

Durante a xornada, na que estivo acompañada polo alcalde da vila, Claudio Garrido, a subdelegada puxo en valor o esforzo colectivo que hai detrás desta feira, orientada á conservación e promoción dunha raza autóctona tan significativa para Galicia como o Porco Celta. Neste senso, subliñou que non é casualidade que Lugo sexa a provincia con maior número de produtores, “porque aquí hai coñecemento, compromiso e unha aposta clara pola calidade”.

Olimpia López destacou tamén a importancia do sector gandeiro e agroalimentario como eixe vertebrador do país, lembrando que detrás dun produto recoñecido e de excelencia hai o traballo diario de gandeiros e gandeiras, cooperativas e pequenas empresas que permanecen no territorio e manteñen vivo o tecido produtivo local. Desde esta perspectiva, remarcou o apoio e defensa do Goberno de España para ofrecer seguridade e estabilidade ao sector, ao consideralo clave para a creación de emprego de calidade, a fixación de poboación e a cohesión social.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...